economía
Portadas
celanova Google1

O BNG propón un banco de locais, formación e circuítos curtos para o comercio local de Celanova

As nacionalistas volverán exixir no pleno as medidas acordadas en xuño de axudas directas, aforros fiscais e orientación para autónomos e comerciantes.

Despois de discutilas cos propios comerciantes, o BNG apoiará as iniciativas de Celanova CHEA para crear un 'market place', un programa de bonos para incentivar o consumo e crear un servizo de reparto.

O BNG critica que o alcalde “tarde cinco meses en botar unha firma” para arrancar os trámites da redacción das bases que regularán unhas axudas das que non di en que consisten, que orzamento comprometen e cando serán efectivas.

Ler novas