UNKNOWN
O BNG leva ao pleno da Mancomunidade a proposta de Tarifa Eléctrica Galega para a rebaixa no prezo da luz
05/xul./2021
A iniciativa xa foi acordada por maioría no pleno da Merca a semana pasada, e o Bloque continuará buscando o consenso en todos os concellos da comarca.
As nacionalistas rexistran unha moción para pedir ao Estado unha rebaixa na factura naqueles territorios que, como Galiza, son produtores de enerxía e xa soportan os custes ambientais.