Portadas

Charla informativa do BNG sobre o proxecto eólico en Celanova. Intervención de Iago Tabarés.

O BNG levará ao Parlamento a protección do patrimonio arqueolóxico da Casa da Neve. Iago Tabarés, deputado nacionalista por Ourense, explicou a postura do BNG nunha charla informativa o sábado 10 de xullo en Celanova.

Esta foi a súa intervención completa (vídeo de 21 minutos).

 

✔️ "No caso de Celanova hai patrimonio arqueolóxico que fala da historia de Celanova e que hai que intentar protexelo para evitar que quede estragado definitivamente e poder transmitilo a futuras xeracións"

✔️ "A instalación de aeroxeneradores provoca danos á calidade de vida das persoas, como ruidos; á paisaxe, ao medioambiente (acuíferos, por exemplo), ao patrimonio e á economía do territorio".

✔️"Enerxía eólica, si; pero non en calquera sitio, non de xeito indiscriminado, non onde as empresas multinacionais ou a Xunta que senta ex concelleiras en consello de administración destas empresas queiran".

 

Charla informativa do BNG sobre o proxecto eólico en Celanova. Intervención de Iago Tabarés.