Portadas

Leopoldo Rodriguez defende moción auxilio á Residencia.

Seis meses despois, tras unhas semanas de intenso traballo político do BNG de Celanova para informar ás familias, ás traballadoras e á dirección do centro dunha iniciativa para que o Concello botase man da residencia, no pleno de onte corroborouse o acordo unánime dos grupos impulsado polas nacionalistas. “Diante do medo e da incerteza que poden sufrir os anciáns, as familias, as traballadoras e os directivos, unidade e compromiso político, como resposta a un amplo respaldo social”, dixo Leopoldo Rodríguez. A moción achega dous compromisos por parte da corporación municipal: unha axuda económica para que a Residencia San Carlos poida superar o impacto nas súas contas da crise da covid e empezar a adaptarse á nova normalidade, e a incorporación dos grupos políticos, das familias e das propias traballadoras ao Padroado que dirixe a residencia a través dunha fórmula que haberá de concretarse en canto os patróns accedan á modificación dos estatutos.
Leopoldo Rodriguez defende moción auxilio á Residencia.