Portadas

A Mancomunidade dos caladiños (pleno de agosto de 2022)

No pleno da Mancomunidade Terras de Celanova celebrado esta semana, o BNG fixo unha petición á nova presidencia (Jaime Sousa -PP- substitúe desde xaneiro a Pérez Cortés -PP-): "Está na súa man abrir unha nova etapa á fronte desta Mancomunidade e sentar as bases para unha XESTIÓN TRANSPARENTE e EFICIENTE despois de lustros de ESCURANTISMO e NEPOTISMO durante os mandatos de Pérez-Cortés. A Mancomunidade pode ser no futuro unha FERRAMENTA DE COHESIÓN TERRITORIAL E SOCIAL AO SERVIZO DAS VECIÑAS E VECIÑOS, ou continuar sendo o que foi no pasado, un CHIRINGUITO PARA SERVIZO DO CLAN CORTÉS e do PARTIDO POPULAR", dixo o representante nacionalista, Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG en Celanova. "É a súa obriga. Esta institución operou sempre en base aos caprichos caciquís e nepotistas do Clan Cortés. Esta institución funciona MAL, é INEFICAZ, DILAPIDA RECURSOS e incentiva o CLIENTELISMO. Esta institución necesita pasar polo Taller, o Taller democrático, un reseteo democrático. Empece por facer unha AUDITORÍA, unha AUDITORÍA que sinale os defectos, as malas prácticas, que explique onde e por que falla", rematou o BNG. Jaime Sousa non soubo que dicir e non dixo nada. O alcalde de Cartelle ten ese hábito: o silencio. El só ten présa por votar. Semella que ese será o novo método nos plenos: todos caladiños, incluíndo a presunta oposición, que sistematicamente se abstén e non di ni mu. Celanova Decide nunca tivo nada que dicir, e a alcaldesa de Ramirás (PSOE) chega tarde e fai gala da súa mala educación interrompendo o discurso do voceiro nacionalista (como se aprecia no vídeo). Ese é o escenario. E o único que falou, sen saber moi ben que dicir, foi o ex presidente Pérez Cortés, patriarca do Clan Cortés, orfo da habitual defensa do seu fillo, quen agora ten que estar CALADIÑO tamén porque aspira ao trampolín da Alcaldía de Celanova. Así que o patriarca do Cortés simplemente balbuciu un "grazas" diante de quen lembrou a súa longa etapa como CACIQUE NEPOTISTA no goberno da Mancomunidade. Grazas. E calou.
A Mancomunidade dos caladiños (pleno de agosto de 2022)