Portadas
Neglixencia da Xunta e dos concellos pon en risco a saúde dos bañistas nas Conchas
22/ago./2021
• A Consellaría de Sanidade decretou hai tres semanas o nivel de alerta 3 nas augas do encoro, e aconsella prohibir o baño e actividades de contacto coas augas; mais non fai nada por comprobar se esas recomendacións se cumpren.
• O Concello de Bande puxo o cartel de aviso de nivel 3 nun lugar pouco visíbel, a escasos metros onde mantén outro que cualifica a calidade das augas de “excelente”.
• O Concello de Muíños nin sequera colocou o cartel, e no punto de información municipal recoñecen que hai unha alerta pero que ninguén fai nada por impedir o baño ou a navegación.