Portadas
Custo anual do goberno municipal de Cartelle
26/set./2023
Para o Concelleiro do BNG, Manuel Ferro, resulta incongruente que sexan os recen nomeados tenentes alcaldes os que formen parte da Xunta de Goberno Local e non os dous Concelleiros do PP con dedicacións exclusiva e parcial porque isto aforraríalle ao Concello uns 6.000 € anuais.
Na opinión do Concelleiro do BNG as cantidades asignadas a cada grupo político para o seu funcionamento deben ser revisadas, sobre todo nos importes por Concelleiro electo. Que o partido popular reciba unha subvención anual de 4.000 euros para o seu funcionamento parécenos un disparate en comparación co que reciben outros colectivos deste Concello.