Custo anual do goberno municipal de Cartelle

Casa do Concello. CARTELLE
Casa do Concello. CARTELLE

Para o Concelleiro do BNG, Manuel Ferro, resulta incongruente que sexan os recen nomeados tenentes alcaldes os que formen parte da Xunta de Goberno Local e non os dous Concelleiros do PP con dedicacións exclusiva e parcial porque isto aforraríalle ao Concello uns 6.000 € anuais.  

Na opinión do Concelleiro do BNG as cantidades asignadas a cada grupo político para o seu funcionamento deben ser revisadas, sobre todo nos importes por Concelleiro electo. Que o partido popular reciba unha subvención anual de 4.000 euros para o seu funcionamento parécenos un disparate en comparación co que reciben outros colectivos deste Concello.

Custo anual do goberno municipal de Cartelle

Nos Boletíns Oficiais da Provincia (BOP) do 11 de xullo, 5 de agosto, 8 de agosto e 19 de agosto dáse publicidade aos asuntos tratados no pleno de organización:


1. Nomeamentos dos e das tenentes alcaldes.
2. Acordos do pleno sobre a periodicidades das sesións plenarias
3. Creación e Composición da Xunta de Goberno Local e Delegación de competencias do pleno nesta.
4. Indemnización aos membros da corporación así como aos Concelleiros con dedicación exclusiva e parcial.
5. Adscrición dos Concelleiros/as ás comisións informativas.
 

Os Concelleiros con dedicación exclusiva ou parcial ao ter soldo non cobran por asistencia nin a plenos nin a comisións nin a xuntas de Goberno.
O Alcalde tería unha remuneración de 150 € por asistencia a plenos, comisións ou xuntas de goberno e o resto dos Concelleiros (8) sen dedicación, de 125 € por asistencia a plenos, comisión ou xunta de Goberno.
Quedan fora deste cálculo as comisións porque estás non teñen unha periodicidade e tamén quedan fora as dietas por desprazamento e manutención dado que estas so se producen de forma ocasional.


1. CONCELLEIROS CON DEDICACIÓN:

Concelleiro Area Medio Ambiente (dedicación exclusiva),        25.073,16 € brutos Anuais

Concelleiro de Cultura e Deportes (dedicación parcial),           12.836, 88 € brutos Anuais

2. XUNTA DE GOBERNO: (Formado polo Alcalde + 3 Tenentes Alcaldes)

Alcalde_ 24 Xuntas (2 xuntas ao mes) x 150                      3.600 € Anuais
3 Tenentes Alcaldes 24 xuntas (2 xuntas ao mes) x 125    9.000 € anuais


3. PLENO: (Formado polo Alcalde + 8 Concelleiros sen dedicación + 2
Concelleiros que non cobran indemnización por ter dedicación)

Alcalde_ 6 Plenos x 150                                                            900 Anuais
8 Concelleiros x 6 Plenos x 125                                             6.000 Anuais


4. ASIGNACIÓN ANUAL AOS GRUPOS POLÍTICOS PARA O SEU FUNCIONAMENTO: 400 + 400 por Concelleiro:

PP 400 + 400x9 concelleiros                                                4.000 € Anuais
BNG 400 + 400x1 concelleiro                                                  800 € Anuais
PSOE 400 + 400x1 concelleiro                                                800 € Anuais



Custo TOTAL                                                                63.010,04 Anuais

 

Custo anual do goberno municipal de Cartelle