Casa da Neve
Portadas
Aeroxeradores do P.E. O Vieiro, a quilómetro e medio do polígono proxectado por Bay Wa

O BNG pide a Bay Wa que desista do seu proxecto eólico en Celanova e Verea

O BNG da comarca Terra de Celanova-Baixa Limia e o BNG de Celanova critican que a empresa alemá leve dous anos modificando unha e outra vez un proxecto que non ten cabida nunha área de enorme riqueza patrimonial e hidrográfica, con poboacións asentadas e monte en produción.

As nacionalistas apostan por non construír o polígono, e advirten que volverán reclamar nas institucións unha moratoria eólica tal e como vén de recomendar o Consello da Cultura Galega.

Ler novas
Portadas
Charla informativa eólicos BNG Celanova sábado 10 de xullo (2)

O BNG levará ao Parlamento o informe arqueolóxico sobre a Casa da Neve para frear o proxecto eólico

O estudo municipal advirte da presenza na contorna da Casa da Neve de vestixios arqueolóxicos cuxa explotación como recurso cultural se vería afectada "coa extrema proximidade dos aeroxeneradores propostos".

As nacionalistas, que en abril presentaron unha moción solicitando unha cata arqueolóxica por parte da Xunta rexeitada polo goberno local e o PP, elevarán agora a proposta ao Parlamento ante as novas evidencias científicas de restos de valor patrimonial.

Ler novas
Portadas
Eólicos no Vieiro, desde a zona onde se proxecta outro polígono. Imaxe BNG

O BNG alega contra os eólicos na Casa da Neve e pide á Xunta que rexeite o proxecto de BayWa

As nacionalistas, nun escrito rexistrado onte, advirten que o proxecto presentouse fragmentado “para eludir o control público” e sinalan que de se concretar sería un obstáculo para desenvolvementos socio-económicos alternativos das vindeiras xeracións.

Alertan da debilidade das institucións locais para defender á veciñanza e piden que as autoridades galegas determinen e protexan “as aspiracións das poboacións no que atinxe ás características paisaxísticas da súa contorna” tal e como recomendan os convenios internacionais.  

Denuncian unha práctica colonial que considera Celanova como un espazo de extracción “xa deteriorado” polo efecto da mesma explotación (parque do Vieiro) “no que os habitantes son escasos e, polo tanto, prescindíbeis como suxeitos de dereitos; dereito á paisaxe, por exemplo”.

Ler novas
Portadas
eolicos marzo 2021. O Vieiro Cas da Neve (3)

eolicos marzo 2021. O Vieiro Cas da Neve (1)

O BNG de Celanova pide paralizar o polígono eólico da Casa da Neve

As nacionalistas presentarán alegacións o documento inicial diante dos posíbeis impactos na paisaxe e no patrimonio.

Consideran que poden buscarse desenvolvementos alternativos que non supoñan unha hipoteca para a seguinte xeración e lembran que o BNG reclama en Europa unha moratoria para Galiza fronte a avalancha de proxectos.

Ler novas