Portadas
“O BNG somos a única alternativa ás políticas claudicantes do PP”
27/nov./2021
Ernesta Seoane, a nova responsábel comarcal, participou nas candidaturas do BNG Celanova nas municipais de 2019 e foi a número 5 da lista do BNG por Ourense ao Parlamento galego en 2020. No eido laboral é delegada do sindicato CIG en Ourense; e tamén desenvolve actividade como membro do Obradoiro Feminista en Celanova e do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, así como en asociacións culturais e veciñais da comarca.