Portadas
O BNG de Celanova pedirá explicacións pola resposta displicente do Concello a cada queixa da veciñanza
24/ago./2021
No verán aumentaron as queixas diante do Concello polo estado do espazo público, singularmente na contorna do centro urbano. E a resposta dos concelleiros e concelleiras ao cargo non foi a que se espera. Segundo teñen criticado varias veciñas de distintas rúas, a dinámica dos responsábeis municipais é "dar largas".