Portadas
Ernesta Seoane
Portadas
O BNG pide a Bay Wa que desista do seu proxecto eólico en Celanova e Verea
17/dec./2021
O BNG da comarca Terra de Celanova-Baixa Limia e o BNG de Celanova critican que a empresa alemá leve dous anos modificando unha e outra vez un proxecto que non ten cabida nunha área de enorme riqueza patrimonial e hidrográfica, con poboacións asentadas e monte en produción.
As nacionalistas apostan por non construír o polígono, e advirten que volverán reclamar nas institucións unha moratoria eólica tal e como vén de recomendar o Consello da Cultura Galega.
Portadas
“O BNG somos a única alternativa ás políticas claudicantes do PP”
27/nov./2021
Ernesta Seoane, a nova responsábel comarcal, participou nas candidaturas do BNG Celanova nas municipais de 2019 e foi a número 5 da lista do BNG por Ourense ao Parlamento galego en 2020. No eido laboral é delegada do sindicato CIG en Ourense; e tamén desenvolve actividade como membro do Obradoiro Feminista en Celanova e do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, así como en asociacións culturais e veciñais da comarca.
Portadas
Ernesta Seoane, nova responsábel do BNG Terra de Celanova e Baixa Lima
20/nov./2021
As nacionalistas completan o proceso asemblear coa elección do Consello Comarcal que experimenta unha fonda renovación, cun 70% de novas incorporacións.