Un BNG máis forte aspira a gobernar Celanova por primeira vez a partir de maio

imaxe portada BNG Celanova 2023
María R. Cabaco, Ernesta Seoane, Leopoldo Rodríguez, Xulia Paz e Erik Dobaño, este sábado en Celanova antes da presentación da lista do BNG ás municipais de 2023.
Un BNG máis forte aspira a gobernar Celanova por primeira vez a partir de maio

“Somos unha forza que medra, unida e constante no traballo. Estamos máis que preparadas e dispostas para gobernar Celanova”, dixo Leopoldo Rodríguez, candidato do BNG á Alcaldía de Celanova, na presentación este sábado no Salón da Arcos da Casa do Concello do primeiro tramo da lista para as municipais de maio. “Somos conscientes de que só hai unha alternativa real ao que camiño que tomou Celanova hai máis de tres décadas: a alternativa é o BNG. Só o BNG”, engadiu o candidato e portavoz nacionalista desde 2011.

BNG Celanova Presentación Lista Municipais 2023 en decembro de 2022. Leopoldo. Xulia. Ernesta. Salón de Arcos (3)
Ernesta Seoane, Bernardo Varela e Leopoldo Rodríguez, onte no Salón de Arcos.

A ex concelleira Xulia Paz, a responsábel comarcal do BNG, Ernesta Seoane, e a vicepresidenta do Comité de Memoria Histórica, María R. Cabaco, tres mulleres entre os cinco primeiros postos da lista.  

Leopoldo Rodríguez será o número 1 dunha lista que, no seu primeiro tramo, integran a ex concelleira nacionalista Xulia Paz, como número 2; a responsábel do BNG Comarca de Celanova e Baixa Limia, Ernesta Seoane, número 3;  un dos portavoces da plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova, Erik Dobaño, número 4; e a vicepresidenta do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, María Rodríguez ‘Cabaco’, no número 5. Todos eles son militantes do BNG e estiveron acompañados durante o acto de presentación polo voceiro nacionalista na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, que subliñou a ampla bagaxe política e a capacidade de traballo de Leopoldo Rodríguez, que tamén foi deputado provincial.

BNG Celanova Presentación Lista Municipais 2023 en decembro de 2022. Leopoldo. Xulia. Ernesta. Salón de Arcos (2)
Candidatas, militantes e simpatizantes do BNG de Celanova, ao remate da presentación.

“Celanova ten que elixir entre humildade... ou arrogancia; entre democracia... ou nepotismo; entre traballo... ou desidia. Celanova ten que elixir entre compromiso e rectitude... ou enchufismo e zaragalladas”, resumiu o candidato do BNG á Alcaldía. “Celanova pode elixir traballo, compromiso e rectitude contra o desalento e a ineptitude. Ou alguén pensa que o Pérez-Cortés envía ao fillo a Celanova para facer algo distinto do que fan na Mancomunidade”.

“Celanova ten que elixir entre humildade... ou arrogancia; entre democracia... ou nepotismo; entre traballo... ou desidia. Celanova ten que elixir entre compromiso e rectitude... ou enchufismo e zaragalladas”.

A número 2 da lista, Xulia Paz, afirmou durante a súa intervención: “Celanova necesita máis BNG, e fomos moito BNG durante estes últimos catro anos e seremos moito máis nos catro seguintes. Porque a organización segue crecendo no país e tamén segue medrando en Celanova”.

BNG Celanova Presentación Lista Municipais 2023 en decembro de 2022. Leopoldo. Xulia. Ernesta. Salón de Arcos (4)
Xulia Paz, durante a súa intervención onte no acto do BNG de Celanova.

“Celanova necesita máis BNG, e fomos moito BNG durante estes últimos catro anos e seremos moito máis nos catro seguintes. Porque a organización segue crecendo no país e tamén segue medrando en Celanova”, dixo Xulia Paz.

Pola súa banda, a responsábel comarcal, Ernesta Seoane, encargada de presentar ás cinco candidatas, asegurou que Leopoldo Rodríguez “é o alcalde que Celanova merece e necesita”, e engadiu que “estas cinco persoas, representamos só unha parte do nacionalismo puxante en Celanova, detrás estades todas e todos vós”.

María Rodríguez ‘Cabaco' (número 5 da lista) é veciña de Celanova, neta dun dos fundadores das Mocedades Galeguistas a comezos da década dos anos 30 do século pasado e vicepresidenta do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova. “Unha loitadora como demostrou durante a crise da covid na Residencia de Celanova, encabezando a protesta contra o abandono da Administración”, como a definiu Ernesta Seoane na presentación.  

Erik Dobaño (número 4) é veciño de Celanova e un dos portavoces da plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova, “colectivo que aglutina a resistencia contra a invasión das montañas das nosas comarcas por parte das corporacións enerxéticas”. 

Ernesta Seoane (número 3) é veciña de Celanova, tomou a responsabilidade da coordinación comarcal do BNG hai un ano, “desde onte estamos a recuperar o pulo da organización nesta parte do país, onde o nacionalismo é tamén imprescindíbel”. 

Xulia Paz (número 2) é veciña de Celanova, significada no movemento feminista na comarca de Celanova, concelleira do BNG no anterior mandato “e unha das militante con máis experiencia dentro da organización que se encargará de coordinar a elaboración do programa electoral”, segundo avanzou a responsábel comarcal.

Leopoldo Rodríguez (o número 1 e candidato á Alcaldía) é concelleiro e portavoz do BNG na corporación municipal de Celanova nos últimos tres mandatos, “o concelleiro máis respectado e valorado na actual corporación”, indicou Seoane.

A ex concelleira Xulia Paz, a responsábel comarcal do BNG, Ernesta Seoane, e a vicepresidenta do Comité de Memoria Histórica, María R. Cabaco, tres mulleres entre os cinco primeiros postos da lista.

No acto estivo presente o alcalde de Verea, José Antonio Perez Valado, e militantes e simpatizantes do BNG en Celanova e noutros concellos da comarca.

CORENTA ANIVERSARIO. O próximo 17 de decembro, o BNG de Celanova organizará un acto conmemorativo do 40 aniversario do Bloque coa participación de deputados e militantes veteranos da localidade e da comarca. Será no salón de actos do Refectorio do Mosteiro. 
 

 

 

 

Un BNG máis forte aspira a gobernar Celanova por primeira vez a partir de maio