Iago Tabarés
Vídeo
Charla informativa do BNG sobre o proxecto eólico en Celanova. Intervención de Iago Tabarés.

Charla informativa do BNG sobre o proxecto eólico en Celanova. Intervención de Iago Tabarés.

O BNG levará ao Parlamento a protección do patrimonio arqueolóxico da Casa da Neve. Iago Tabarés, deputado nacionalista por Ourense, explicou a postura do BNG nunha charla informativa o sábado 10 de xullo en Celanova.

Esta foi a súa intervención completa (vídeo de 21 minutos).

 

✔️ "No caso de Celanova hai patrimonio arqueolóxico que fala da historia de Celanova e que hai que intentar protexelo para evitar que quede estragado definitivamente e poder transmitilo a futuras xeracións"

✔️ "A instalación de aeroxeneradores provoca danos á calidade de vida das persoas, como ruidos; á paisaxe, ao medioambiente (acuíferos, por exemplo), ao patrimonio e á economía do territorio".

✔️"Enerxía eólica, si; pero non en calquera sitio, non de xeito indiscriminado, non onde as empresas multinacionais ou a Xunta que senta ex concelleiras en consello de administración destas empresas queiran".

 

Ler novas
Portadas
corta portada

Esiximos que o alcalde de Celanova faga público o informe arqueolóxico do proxecto eólico no Monte da Neve

As nacionalistas denuncian que, malia o acordo plenario alcanzado por unanimidade en abril para que o Concello ofrecese información á veciñanza, o alcalde aínda non deu a coñecer sequera as súas propias alegacións contra o proxecto.

“A cidadanía é consciente de que Galiza non pode ser simplemente un lugar onde se espolien recursos para engordar a conta de resultados das grandes compañías eléctricas”, resumiu o deputado Iago Tabarés.

As nacionalistas continuarán nas próximas semanas a campaña informativa iniciada hoxe por outras localidades da comarca.

Ler novas
Portadas

O BNG pide aumentar en 6,5 millóns as partidas dos orzamentos para a Baixa Limia e a comarca de Celanova

O BNG reclama que as contas para o 2021 inclúan xa un plan de usos do Parque do Xurés

As nacionalistas insisten na mellora da AG-31 desde Celanova até a fronteira con Portugal e propoñen un polígono empresarial entre Bande e Lobeira.

Iago Tabarés, deputado do BNG por Ourense, estima que a cuantificación do investimento demandado polos nacionalistas para as comarcas da Baixa Limia e Celanova alcanza os 6,5 millóns de euros sobre a previsión do goberno galego.

Ler novas