Intervención de Iago Tabarés sobre a invasión eólica
"Non en calquera sitio, non de xeito indiscriminado, e non para favorecer a políticos que sentan en consellos de administración das empresas"
18 xul. 2021 - 09:25
"No caso de Celanova hai patrimonio arqueolóxico que fala da historia de Celanova e que hai que intentar protexelo para evitar que quede estragado definitivamente e poder transmitilo a futuras xeracións", dixo Iago Tabarés, deputado nacionalista por Ourense no Parlamento galego, durante a charla informativa que o BNG organizou en Celanova para explicar os impactos da invasión eólica no concello.
O BNG levará ao Parlamento a protección do patrimonio arqueolóxico da Casa da Neve. Esta foi a intervención de Tabarés (preme na imaxe para ver o vídeo, 21 minutos).