Andaina solidaria este sábado en Verea
O Concello de Verea e a Asociación Por ele TEA organizan este sábado, 26 de outubro, unha andaina solidaria que partirá ás dez da mañá da Casa de Cultura de Verea e recorrerá 10 quilómetros. Despois do xantar, previsto para as 14.00 horas, pola tarde haberá unha charla divulgativa no salón de actos da Casa da Cultura (16.00 horas) e unha representación teatral polo grupo de teatro de Rairiz de Veiga (19.00).
Para anotarse no evento [o prezo para os maiores de 16 anos é de 5 euros, con xantar 15 euros; os menores de 16 anos, gratis] debe realizarse o ingreso na conta da asociación: ES9021004147892200113712.
Para información sobre a andaina e as actividades, chamade ao teléfono da Asociación Por eles TEA (669385558) ou o Concello de Verea (988 430 600).
Os Trastornos do Espectro do Autismo
Os TEA son un grupo de trastornos xeralizados do desenvolvemento que se caracterizan por alteracións cualitativas na comunicación social xunto cun patrón de intereses e comportamentos restrinxidos e estereotipados.
Todos os TEA teñen orixe neurobiolóxica e maniféstanse durante os primeiros 30 meses de vida. Actualmente non hai cura para os TEA. Os tratamentos educativos e os novos modelos de calidade de vida representan a mellor intervención.