O BNG reclama que os orzamentos de Celanova inclúan a primeira partida para a futura piscina

Celanova 2. 2018
Celanova.

As nacionalistas levarán a pleno unha moción para que se dea o impulso definitivo a unha reclamación “histórica” da veciñanza.

O BNG reclama que os orzamentos de Celanova inclúan a primeira partida para a futura piscina

O BNG de Celanova levará ao pleno de novembro unha moción para que a corporación municipal de Celanova se comprometa a “impulsar a construción dunha piscina climatizada” e que ese compromiso se concrete no vindeiro orzamento para o ano 2020 en forma dunha “partida” que permita iniciar “os trámites administrativos” previos para levar a cabo a construción.

 

O BNG lembra que a dotación dunha piscina cuberta e climatizada é unha demanda histórica da veciñanza da vila e da contorna. E interpela ao actual goberno municipal que a construción desta infraestrutura foi unha das condicións para que as nacionalistas apoiaran en xuño pasado a investidura do alcalde.

O compromiso para construír unha piscina municipal cuberta que dea servizo todo o ano forma parte dos acordos con CD para que o BNG apoiara a investidura do alcalde.

O BNG lembra ademais que as nacionalistas veñen prometendo desde hai décadas que, en canto delas dependa, iniciarase a construción da piscina que dea servizo á veciñanza todos os meses do ano.

 

As nacionalistas rexistraron este mércores a moción e convidan ao resto de grupos a sumarse á proposta.

O BNG reclama que os orzamentos de Celanova inclúan a primeira partida para a futura piscina