CAMPAÑA ELECTORAL 10-N

Pontón en Ourense: "Desta vai, pero os escanos gánanse nas urnas, non nas enquisas"

Mitin en Ourense este domingo de campaña das estatais do 10-N. (Foto: BNG)
Mitin en Ourense este domingo de campaña das estatais do 10-N. (Foto: BNG)
No mitin de Ourense, este domingo, Francisco García pediu “transformar o cabreo coas forzas estatais nun voto para defender Ourense no Congreso collendo a papeleta do BNG este 10-N”. A portavoz nacional, Ana Pontón, fixo un chamamento á mobilización e a concentrar no BNG o voto de país, das persoas que queren “que Ourense exista” no Estado e das que tamén queren unha axenda social.
Pontón en Ourense: "Desta vai, pero os escanos gánanse nas urnas, non nas enquisas"

"Sobran os motivos para que nos mobilicemos, para concentrar no BNG todo o voto de país", subliñou Pontón, ao tempo que instaba a intensificar a campaña de rúa estes últimos días, "falando co todo o noso entorno, porque os escanos gánanse nas urnas non nas enquisas", en relación ás sondaxes que confirman que o Bloque volverá darlle voz propia a Ourense no Congreso a partir do 10-N. "Desta vai, -recalcou- pero non demos nada por feito porque as enquisas enquisas son, deixan claro que estamos á alza pero necesitamos movernos e falar con todo o mundo, porque nós non estamos nos platós de televisión", enfatizou.

 

O cabeza de lista ao Congreso, Francisco García, sumouse a petición de transformar "o cabreo nun voto que defenda os intereses de Ourense, un voto para dar peso político a Galiza e introducila na axenda do Goberno central", sinalou. García quixo desmentir o mito de que Madrid nós financia: "damos máis do que recibimos, de feito recibimos cincuenta euros menos por habitante con respecto a outros territorios do Estado, recursos que poderíamos empregar para xestionar os servizos públicos".

 

Pola súa banda, a deputada por Ourense na Cámara galega, Noa Presas, destacou a perda de poboación en toda a provincia, equiparable á desaparición dVila de Xinzo de Limia con 10.844 habitantes”, e destacou o papel da formación nacionalista: "temos outra forma de facer política na que poñemos por diante os intereses de Galiza, con firmeza e honestidade.

Pontón en Ourense: "Desta vai, pero os escanos gánanse nas urnas, non nas enquisas"