O BNG censura ao ex alcalde de Celanova por aceptar nomeamento como asesor de Baltar

Xose Luis Ferro. PP
"A designación e a retribución dan boa conta de cal era a paixón que move a Ferro: non era Celanova (como dicía o seu slogan electoral hai apenas 3 meses) se non os cartos", critican as nacionalistas.
O BNG censura ao ex alcalde de Celanova por aceptar nomeamento como asesor de Baltar

Respecto do nomeamento de Xosé Luís Ferro, ex alcalde de Celanova e candidato á alcaldía polo PP nas municipais do pasado mes de maio, como asesor de Xosé Manuel Baltar, o presidente provincial, na Deputación de Ourense, o BNG de Celanova expresa a súa censura á práctica do PP de utilizar as institucións públicas para beneficio persoal dos membros do partido.

 

O BNG de Celanova considera que o nomeamento e a aceptación por parte de Ferro evidencian o uso principal que o Partido Popular fai das institucións: lonxe de poñerse a traballar para o interese público, ponas a traballar para satisfacer o interese dos membros do partido. A designación e a retribución que leva aparellada dan boa conta de cal era a paixón que move a Ferro: non era Celanova (como dicía o seu slogan electoral hai apenas tres meses) se non os cartos.

 

Desde o BNG continuaremos a denunciar diante da opinión pública calquera uso ilexítimo que se faga da Deputación, da Mancomunidade e do Concello, institucións que se sosteñen cos cartos de todas e todos e que deben servir exclusivamente ao interese público definido en termos democráticos.

O BNG censura ao ex alcalde de Celanova por aceptar nomeamento como asesor de Baltar