O BNG facilitará un cambio de goberno en Celanova

candidatura primeiro tramo
Primeiro tramo da candidatura ás municipais de maio de 2019.
O BNG fai un chamamento ao resto de forzas a traballar para poñer fin a 28 anos de gobernos do PP na vila.
O BNG facilitará un cambio de goberno en Celanova

A asemblea local do BNG, reunida onte, 2 de xuño, en Celanova, acordou que a representación obtida polas nacionalistas o pasado 26 de maio, un concelleiro, sirva para facilitar o cambio de goberno na vila. 

 

Na asemblea, na que tomaron parte militantes e membros da lista ás municipais xunto a deputada Noa Presas e o secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, considerouse que as votacións do 26M abren un novo ciclo político en Celanova tras perder o PP a súa maioría absoluta. 

 

O BNG, desde a posición no que ocolocaron as votantes e os votantes, fai un chamamento ao resto de forzas a traballar para poñer fin a 28 anos de gobernos do PP na vila.

O BNG facilitará un cambio de goberno en Celanova