Escano cidadán e retransmisión dos plenos

Celanova
Celanova. Mosteiro e Casa do Concello.
O Bloque Nacionalista Galego levará ao próximo pleno dúas propostas nunha moción sobre participación e transparencia: desenvolver un mecanismo que dea voz ás veciñas e veciños no pleno, e instalar un sistema de retransmisión en directo dos plenos a través de Internet.
Escano cidadán e retransmisión dos plenos

O BNG presentará no próximo pleno unha moción para o cumprimento dalgúns dos acordos que no seu día alcanzou con Celanova Decide (CD) para apoiar a investidura de Puga.

 

O BNG demanda desenvolver un procedemento que permita á veciñanza intervir nas sesións do pleno municipal a modo de escano cidadán, e que se estableza un formulario de solicitudes de intervención e se informe das canles e os prazos á veciñanza.

 

Ademais, as nacionalistas recomendan a instalación dun servizo de retransmisión das sesións por streaming “no prazo de seis meses” co obxectivo de mellorar o acceso da veciñanza aos debates.

 

O BNG considera que así se incrementará a participación e aumentará a transparencia da institución.

 

PLAN ÚNICO. Autonomía municipal

 

As nacionalistas incluirán unha terceira moción no pleno que recolle un amplo acordo de distintas forzas políticas no seo da FEGAM e que recomenda implementar un Plan Único no reparto de fondos aos concellos por parte da Deputación provincial, como o que xa funciona nas outras tres deputacións galegas, que permitan “obxectivizar” os criterios de distribución de fondos, simplificar as tarefas administrativas e a planificación dos concellos a favor dunha maior autonomía municipal.

   

O pleno celebrarase o próximo mércores, día 2.

Escano cidadán e retransmisión dos plenos