DOCUMENTOS PARA IMPLEMENTAR POLÍTICAS PÚBLICAS

Pola eliminación da simboloxía franquista na Baixa Limia e na Terra de Celanova

Cruz dos Caídos 55. 2018
A Cruz dos Caídos, monumento franquista en Celanova.
Pola eliminación da simboloxía franquista na Baixa Limia e na Terra de Celanova

DOCUMENTO - 1

Ley 52/2007, de 26 de diciembre [Lei estatal de Memoria Histórica]
 

«Artigo 1.2. Mediante la presente Ley, como política pública, se pretende el fomento de los valores y principios democráticos, facilitando el conocimiento de los hechos y circunstancias acaecidos durante la Guerra civil y la Dictadura (...)
Artigo 15.1. Las Administraciones públicas, en el ejercicio de sus competencias, tomarán las medidas oportunas para la retirada de escudos, insignias, placas y otros objetos o menciones conmemorativas de exaltación, personal o colectiva, de la sublevación militar, de la Guerra Civil y de la represión de la Dictadura. Entre estas medidas podrá incluirse la retirada de subvenciones o ayudas públicas.»


DOCUMENTO - 2

Informe do Relator Especial sobre a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, Pablo de Greiff. Consello de Dereitos Humanos. Nacións Unidas. 22 de Xullo de 2014.
 

«Garantías de no repetición

j) Sistematizar las iniciativas en relación con símbolos y monumentos franquistas, de conformidad con la legislación vigente, promoviendo intervenciones diferenciadas, la contextualización y 'resignificación' de símbolos y monumentos cuando no se recomiende la remoción de los mismos.

i) Fortalecer los programas de formación de funcionarios públicos, incluidos el Poder Judicial y las fuerzas de seguridad, en materia de derechos humanos e incorporar materias relacionadas con la historia de la Guerra Civil y el franquismo (...) incluyendo el estudio de las responsabilidades institucionales del Estado en las violaciones graves de los derechos humanos y del derecho humanitario durante este período, como una medida de educación, sensibilización y para promover la no repetición.»

 

DOCUMENTO - 3

Proposición de Lei de Memoria Histórica Democrática de Galiza. Presentada polo BNG no Parlamento Galego. Publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galiza. nº 374, 19 de outubro de 2018 (X lexislatura). 

 

«Artigo 1.4. Garantir a función da memoria histórica democrática como ferramenta de cohesión social, identidade colectiva, convivencia pacífica e progreso.
(...)
Artigo 10.1. A Xunta de Galiza adoptará as seguintes medidas en relación coas vítimas:
- As que teñen como obxecto coñecer a verdade e preservar a memoria democrática á que teñen dereito todos os galegos e galegas.
- As de reparación e recoñecemento das vítimas.
- A posta a disposición de recursos e medios de asistencia e accesó á xustiza para as vítimas e as súas familias.
- As de localización e identificación das vítimas, co obxecto de configurar o censo a que fai referencia o artigo 11.»

 

DOCUMENTO - 4

Anteproyecto de ley de memoria democrática

"Artículo 62. Infracciones

2. Son infracciones graves:

d) El incumplimiento de la resolución por la que se acuerde la retirada de simbología de exaltación de la dictadura franquista."

 

DOCUMENTO - 5

Informe do Comité de Memoria da Comarca de Celanova sobre o símbolo fascista do Outeiro da Obra

"Neste documento recóllese o resultado da investigación sobre o monumento falanxista do Outeiro da Obra (Celanova) que fixo o Comité de Memoria Histórica de Celanova. Para a súa elaboración seguiuse unha metodoloxía científica, recompilando diversas fontes, tanto escritas como de tradición oral, ademais de facer un estudo de campo sobre o propio monumento."

"A parte elemental do monumento, a cruz, foi inaugurada pola Bandera de Marruecos o 8 de agosto 1939. Así o recolleu o diario falanxista Arco ao día seguinte baixo o seguinte titular: Gran acto patriótico ayer en Celanova. La Bandera de Marruecos inaugura la Cruz de los Caídos".

"Durante a posguerra, o lugar foi habilitado polos órganos do Movimiento para poder albergar os ritos e celebracións propios da liturxia falanxista, coma o Día dos Caídos. Temos constancia de que nesta intervención foron utilizados presos políticos do mosteiro-prisión de Celanova como man de obra".

"O levantamento dun monumento no Monte da Obra (Celanova) foi unha iniciativa da oficialidade da Bandera de Marruecos, unidade militar-falanxista de gornición nesta vila entre xullo e setembro de 1939. Esta unidade paramilitar é responsable directa dos únicos fusilamentos que tiveron lugar na Prisión Central de Celanova, deixando unha fonda pegada de terror entre a poboación e os presos. (...) Non é un símbolo relixioso, pois non foi financiado pola Igrexa, nin foi erguido nun lugar de culto ou terreo sagrado. O símbolo da cruz, presente nestes monumentos, debe interpretarse como un símbolo funerario en recordo aos caídos falanxistas. Tanto polo enclave como polos promotores, ha de terse por un símbolo fascista ou falanxista e un vestixio do réxime franquista. A súa intencionalidade foi política, non relixiosa: conmemorar a sublevación militar e honrar á facción gañadora da guerra civil, a través dos seus mortos. (...) Debemos concluír que este monumento supón unha exaltación pública e visible do golpe de Estado de 1936 contra a legalidade republicana, a posterior guerra civil e a represión política durante a ditadura franquista polo que estaría inmerso na categoría de monumentos afectados pola Ley de Memoria Histórica. Desde a súa inauguración supón unha humillación permanente das vítimas do franquismo e os seus familiares, en especial aos presos asasinados pola Bandera de Marruecos nesta vila."

Acto do Comité no Outeiro da Obra o 11 de abril de 2021

Pola eliminación da simboloxía franquista na Baixa Limia e na Terra de Celanova