ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2023_2024

O BNG de Cartelle di non á suba da contribución urbana (IBI) e vota en contra dos orzamentos do período 2023_2024

Manolo Ferro, concelleiro do BNG Cartelle no Pleno municipal de Cartelle
Manolo Ferro, concelleiro do BNG Cartelle no Pleno municipal de Cartelle

Ferro afirmou que para o grupo nacionalista a política de persoal e unha política de investimentos coa mesma inercia dende hai anos son algunhas das razóns do voto en contra aos orzamentos municipais de Cartelle.

O BNG de Cartelle di non á suba da contribución urbana (IBI) e vota en contra dos orzamentos do período 2023_2024

Cartelle, 17 de novembro de 2023. Manolo Ferro, voceiro do grupo municipal do BNG de Cartelle sinalou que consideran que “non é o mellor momento para facer unha suba da contribución das casas á veciñanza de Cartelle” alegando que “nun contexto de crise económica provocada pola Covid 19 e máis a suba dos carburantes e a consecuente carestía da vida pola guerra de Ucraína”

Ferro afirmou que para o grupo nacionalista a política de persoal e unha política de investimentos coa mesma inercia dende hai anos son algunhas das razóns do voto en contra aos orzamentos municipais de Cartelle.

Unha política de persoal que se fixo sen unha planificación previa e que non responde ás necesidades do Concello senón máis ben aos intereses electorais do partido popular cun custe ao redor dos 600000 euros se sumamos o gasto do persoal do Concello máis a parte proporcional que nos toca do persoal da mancomunidade.

No capítulo de investimentos, sinala o voceiro do BNG de Cartelle, o goberno municipal segue reo do asfaltado e do chapapote para pistas. E seguimos sen entender esta obsesión polos parques infantís nun Concello onde a escola infantil volve estar cerrada este ano e cuxo colexio corre perigo de cerrar.

 

No capítulo de investimentos, sinala o voceiro do BNG de Cartelle, exceptuando algunhas excepcións como é a rehabilitación de dúas antigas escolas para vivenda pública e lembremos, sinala Manolo Ferro, “fomos os do BNG de Cartelle os pioneiros en traer unha vivenda pública para Cartelle”, o goberno municipal segue reo do asfaltado e do chapapote para pistas. E seguimos sen entender esta obsesión polos parques infantís nun Concello onde a escola infantil volve estar cerrada este ano e cuxo colexio corre perigo de cerrar.

Como sabe o partido popular, dí o voceiro nacionalista de Cartelle, o BNG leva anos pedindo un sistema de financiamento xusto para os concellos galegos que sofren unha discriminación de até 200 euros por habitante con respecto á media estatal. Por non dicir que vai sendo hora de falar da inutilidade das deputacións cuxas competencias e recursos poden ser asumidas tranquilamente pola Xunta, e pola administración local (concellos e mancomunidades).

Sobre a relación entre o desastre urbanístico do noso concello e a elevada tarifa da luz, así como o elevado gasto en redes de sumidoiros e subministración da auga municipal son temas que o BNG de Cartelle abordará máis adiante.

O BNG de Cartelle di non á suba da contribución urbana (IBI) e vota en contra dos orzamentos do período 2023_2024