TERESA GARRIDO: “ESTE RELEVO NO CONCELLO DA MERCA POLO QUE NOELIA CURRÁS ASUMIRÁ A PORTAVOCÍA MUNICIPAL DO BNG PON DE MANIFESTO A FORZA DE FUTURO DO NACIONALISMO NO NOSO CONCELLO”

Noelia Currás nova portavoz municipal do BNG no concello da Merca

Noelia Curras, nova concelleira e portavoz municipal BNG A MERCA
Noelia Curras, nova concelleira e portavoz municipal BNG A MERCA
Noelia Currás nova portavoz municipal do BNG no concello da Merca

Teresa Garrido, concelleira e portavoz municipal do BNG da Merca anunciou hoxe en rolda de prensa o relevo no grupo municipal nacionalista da Merca, un paso que conlevará a entrada de Noelia Currás, número dous da candidatura nas eleccións municipais de 2023.

Teresa Garrido, concelleira do BNG desde 2015 e candidata á alcaldía en 2019 e 2023, presentou a renuncia á sua acta de concelleira que se efectivizará no pleno municipal do 26 de novembro,  destacou o orgullo de ter representado á veciñanza durante estes anos. “Agradezo fondamente a confianza depositada en min durante tanto tempo. Foi unha honra defender os intereses da Merca desde o BNG. Desexo o mellor a Noelia, estou convencida de que fará un gran traballo e continuará fortalecendo o proxecto nacionalista no noso concello”, afirmou Garrido.

A futura concelleira, Noelia Currás (1985), que se prevé que tome posesión no mes de decembro, ocupou diferentes responsabilidades orgánicas no BNG da comarca Celanova e Baixa Limia, asumirá tamén a portavocía municipal da formación frontista no concello da Merca.

“Continuarei o traballo que con tanta dedicación desenvolveu Teresa. Comprométome, desde o primeiro día, a traballar por e para a veciñanza da Merca, agora desde esta responsabilidade na primeira liña política. Aspiro a liderar unha alternativa sólida que mereza a confianza da nosa veciñanza e permita abrir un novo rumbo para o noso concello”, declarou Currás.

Pola súa banda, o portavoz do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela puxo en valor o labor continuado da organización no municipio:

“O BNG leva moito tempo traballando na Merca, tanto desde as institucións como a pé de rúa. Ese esforzo constante é a mellor garantía para construír unha alternativa política seria e solvente no concello”, sinalou.

Varela subliñou que esta renovación supón un reforzo do proxecto municipal, abrindo unha nova etapa con enerxías renovadas e coa determinación de acadar a alcadía da Merca nas vindeiras eleccións.

 

Noelia Currás nova portavoz municipal do BNG no concello da Merca