Medidas da Xunta de Galiza para protexer a saúde das persoas.
Á Mesa do Parlamento
Iago Tabarés Pérez-Piñeiro, Sonia Vidal Lamas e Montserrat Prado Cores,
deputado e deputadas do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG),
ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para
resposta oral na Comisión 5ª, sobre as medidas da Xunta de Galiza para protexer a
saúde das persoas ante a eventual contaminación das augas do encoro das Conchas.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza deGaliza admitiu a trámite recurso contra a Xunta de Galiza, Confederación HidrográficaMiño-Sil e contra os concellos de Bande, Muiños, Lobeira, Trasmiras e Os Blancos polavulneración de dereitos fundamentais das persoas derivada da contaminación ambientaldas augas, superficiais e subterráneas, e tamén do solos e do ar da conca do río Limia,en xeral, e do encoro das Conchas en particular.
Na tramitación do referido procedemento o representante do Ministerio Fiscal,cuxa actuación está rexida polos principios de legalidade e imparcialidade, emitiuinforme no que, entre outros extremos, facía constar que:
-Dende o ano 2011 se fixo patente unha grave contaminación das auguas doencoro das Conchas por nitratos, nitritos, microcistinas e diversas bacterias, nalgúnscasos mesmo resistentes aos antibióticos.
- A contaminación da auga supón un risco tanto para as persoas que,directamente ou indirectamente a consuman, como tamén para aquelas que, xa sexa porpasear ou por residir na zona, respiren o aire procedente do encoro. Os bioaerosoisprocedentes do encoro non só provocan un cheiro insoportábel, senón que supoñen un risco para a saúde das persoas, estando relacionadas dende con infeccións gástricas e intestinais como con distintos tipos de cancros.
En opinión xa non dos recorrentes, senón do propio representante do MinisterioFiscal o risco que supón o consumo e/ou inhalación do ar procedente das augas do ríoLimia, así como o sue desagradable fedor esta a limitar a vida das veciñas da contorna,impedíndolles non só a realización de actividades lúdicas ou deportivas no encoro,senón tamén a realización de tarefas tan cotiáns como pasear ou abrir as fiestras das casas.
A contaminación das augas non atinxe exclusivamente ás augas do encoro,senón que análises realizados en fontes públicas ou de abastecemento domiciliario noconcello dos Blancos, ou augas subterráneas de Xinzo de Limia ou Vilar de Lebres enTrasmiras constataron un elevado nivel de nitratos e xa que logo a súa falla de aptitudepara o consumo humano.
Segundo constata o Ministerio Público as autoridades públicas son plenamenteconscientes, especialmente dende 2007, do grave deterioro da calidade das augasderivado da presenza de fosfatos, nitritos e dos baixos niveis de oxixeno que supoñen unelevado risco de eutrofización, ante o que non consta tomasen medida algunha destinadaa evitar continuase a proliferación da contaminación detectada.
Ante tan importante degradación ambiental diferentes veciñas e asociaciónsrepresentativas de intereses colectivos presentaron distintas reclamacións erequirimentos ante as administracións públicas competentes, sen recibir respostaalgunha, agás no caso da Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Consellaría deMedio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galiza.
Por todo isto formúlanse as seguintes preguntas para resposta oral na Comisión 5ª:
- Cónstalle á Xunta de Galiza a existencia de análises que constataron a contaminación das augas da conca do río Limia?
- En caso afirmativo, cal é a data das probas realizadas e a que espazos se refiren?
- Cantos análises, en que datas, lugares e, no seu caso, con que resultado se realizaron a instancias da Xunta de Galiza para comprobar o estado, cualidade e aptitude para o consumo humano das augas superficiais e subterráneas da conca do río Limia e do encoro das Conchas
- Considera a Xunta de Galiza que unha grave contaminación de augas por nitratos, nitritos e microcistinas pode afectar a súa aptitude para o consumo humano e/ou producir malos olores
- Constalle á Xunta de Galiza a existencia de queixas de veciñas da zona das Conchas por contaminación e/ou cheiros procedentes do encoro?
- Analizou a Xunta de Galiza a estatística de morbilidade da poboación dos concellos da Limia
- Nomeadamente, estudouse a prevalencia dalgún tipo de doenza ou enfermidade na poboación dos concellos da conca do Limia?
- Que medidas adoptou ou ten previsto adoptar a Xunta de Galiza para coñecer o grao de contaminación das augas da conca do rio Limia e do encoro das Conchas e as causas concretas das mesmas?
- Solicitou o concello de Bande, Muiños, Lobeira, Os Blancos ou Trasmiras a adopción de medidas para mellorar a cualidade das augas da conca do río Limia ou para evitar a súa degradación ambiental?