O BNG revela que o SERGAS retorna agora covids á residencia de Celanova

Aresidencia3a
O BNG de Celanova denuncia o desleixo da Área Sanitaria de Ourense na xestión do brote de covid19 na Residencia San Carlos de Celanova e “a absoluta falta de previsión e improvisación constante no continuo tránsito de residentes contaxiados” entre a residencia, o centro intermedio de Baños de Molgas e o CHUO. 
O BNG revela que o SERGAS retorna agora covids á residencia de Celanova

“O SERGAS non só eludiu a súa responsabilidade de intervir na San Carlos, que foi a primeira residencia do país na que saltaron as alertas, e insistiu nese abandono de responsabilidades, senón que agora está a actuando con imprudencia e aumentando a incerteza entre familias, entre as traballadoras e entre os propios residentes”, manifesta Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG en Celanova.

 

As nacionalistas revelan que o SERGAS retornou un paciente, positivo de covid19, á residencia San Carlos de Celanova. O home, que levaba desde principios de abril ingresado no CHUO, volveu para a residencia a mediados desta semana. Mantense como positivo e, ademais, sofre unha fractura de cadeira, que se produciu precisamente o día no que ía ser trasladado e da que non puido ser operado.

 

Até o momento producíranse traslados de casos de covid da residencia cara o CHUO; da residencia cara a Baños de Molgas; e o regreso de negativos do CHUO á residencia ou desde Baños de Molgas á residencia; mesmo houbo algún caso de traslado do CHUO a Baños de Molgas. “O tráfico tivo, até hoxe, sempre o mesmo sentido: sacar positivos da residencia de Celanova e levalos para o CHUO ou para Baños; e devolver negativos, en teoría inmunizados, a Celanova”, explica Leopoldo Rodríguez. “Mais isto é novo, parece froito do descontrol no que seguen a incorrer as autoridades sanitarias con Celanova, unha improvisación contraditoria co protocolo que aconsellou trasladar 33 pacientes entre o 24 e 27 de marzo cara a Molgas”.

 

Na Residencia de Celanova continúan a convivir negativos con positivos. O número de infectados non variou, segundo as cifras que reporta cada día Política Social, xa que unha das covid que permanecían no centro desde o principio deu negativo na segunda proba, realizada a este grupo esta semana. 

 

En Baños de Molgas, segundo as cifras de Política Social, permanecen 10 residentes de Celanova con positivo; e hai outros 3 que seguen ingresados no CHUO.

 

Máis positivos entre as traballadoras que están de baixa

Por outra banda, o BNG, que hai unha semana advertiu sobre a imprudencia de reincorporar ás 18 traballadoras de baixa sen sometelas a unha segunda proba –como establecía o protocolo do SERGAS do 8 de abril e que finalmente non se produciu por unha circunstancia afortunada¬–, coñeceu hoxe que ademais da traballadora que deu positivo o luns, algunhas outras do grupo de 17 que se someteron aos test de contraste esta semana tamén deron positivo.

 

Consulta aquí a información do brote de covid19 en Celanova [en actualización]

O BNG revela que o SERGAS retorna agora covids á residencia de Celanova