MUNICIPAIS 28M

O BNG denuncia ao grupo do alcalde diante da Xunta Electoral por vulneración da lei

carteis Celanova (31)
En opinión do BNG estase a producir, unha vulneración da lei electoral debido a un uso indebido da publicidade institucional que a converte, en período electoral, en publicidade política partidista.
O BNG denuncia ao grupo do alcalde diante da Xunta Electoral por vulneración da lei

O goberno municipal de Celanova instalou carteis nos aparcadoiros e na rotonda sur da avenida de San Rosendo durante a campaña electoral. A publicidade institucional dos carteis fan alusión (con detalle do gasto orzamentario e unha recreación do futuro espazo) obras futuras nos aparcadoiros e a unha senda peonil.

 

Isto é o que di a lei ao respecto deste tipo de actuacións:

- O artigo 50.3 da LOREX sinala que "queda prohibido realizar cualquier acto de inauguración de obras o servicios públicos o proyectos de éstos, cualquiera que sea la denominación utilizada, sin perjuicio de que dichas obras o servicios puedan entrar en funcionamiento en dicho periodo.”

- A Instrución 2/2011 da XEC indica ademáis que «desde la convocatoria de las elecciones y hasta la celebración de las mismas queda prohibido cualquier acto organizado o financiado, directa o indirectamente, por los poderes públicos que contenga alusiones a las realizaciones o a los logros obtenidos, o que utilice imágenes o expresiones coincidentes o similares a las utilizadas en sus propias campañas por alguna de las entidades políticas concurrentes a las elecciones».

- O Acordo da Xunta Electoral Central, número de acordo 227/2011, de 5 de maio de 2011 sinala que “no cabe que durante el período electoral los representantes de las Administraciones públicas realicen actos de gestión de las obras o servicios públicos que puedan tener contenido electoralista ya sea por la presencia de los medios de comunicación o de cualesquiera otras condiciones que puedan darse". 

 

O BNG presentou unha denuncia diante da Xunta Electoral de Zona polo uso partidista da publicidade institucional por parte do grupo do alcalde de Celanova. 

En opinión do BNG estase a producir, unha vulneración da lei electoral debido a un uso indebido da publicidade institucional que a converte, en período electoral, en publicidade política partidista.

O BNG solicita da Xunta Electoral que "se requira ás administracións implicadas así como ao partido  “Celanvoa Decide” a cesar na realización de actos similares durante o período electoral, a eliminar esta publicidade, así como a incoar o oportuno expediente sancionador polos feitos descritos".

carteis Celanova (2)

 

O BNG denuncia ao grupo do alcalde diante da Xunta Electoral por vulneración da lei