O BNG denuncia a discriminación do galego na nova senda do rio Badella e demanda a súa corrección.
Celanova, 12 de marzo de 2024. O BNG da comarca de Terras de Celanova e Baixa Limia denuncia a non inclusión da nomenclatura galega das especies arbóreas nos novos paneis da senda do río Badella que se inaugurará o mércores 13 de marzo.
“Os carteis de sinalización da árbores do novo paseo do río Badella, conteñen o nome científico das árbores, Latín, e tamén en Castelán porén a nomenclatura das especies arbóreas na lingua propia do país, o galego non aparece” sinalan desde a organización nacionalista.
Este feito xa foi denunciado ante a adminstración local do concello de Bande pola veciñanza, que tamén deu parte deste feito discriminatorio á “Mesa Pola Normalización Lingüística.
Así nos carteis aparecen os nome de “Betula Alba” como “Abedúl” pero non co nome de “Bidueiro”; “Quercur Robur” como “Roble” e non como “Carballo”; “Laurus Nobilis” como “Laurel” mais non como “Loureiro”; “Fraxinus Excelsior” como “Fresno” e non como “Freixo” ou o “Alnus Glutinosa” como “Aliso” e non como “Amieiro”.
O BNG trasladará esta situación de discriminación ao organismo encargado da redacción do proxecto, a Confederación Hidrográfica Miño Sil e as administracións públicas pertinentes para demandar a actualización dos paneis de dita senda e subsanar esta discriminación contra o galego.