O BNG denuncia que as comarcas de Celanova e da Baixa Limia están abandonadas polo orzamentos do PP na Xunta e na Deputación

2023110117371879400
Iago Tabarés “inciaremos unha interlocución social nas comarcas para darlle unha alternativa de futuro a Celanova e a Baixa Limia, un futuro que non lle tocará xestionar ao PP ”
O BNG denuncia que as comarcas de Celanova e da Baixa Limia están abandonadas polo orzamentos do PP na Xunta e na Deputación

A vicerresponsábel comarcal do BNG da comarca Celanova-Baixa Limia; xunto ao deputado no parlamento de Galiza, Iago Tabarés e o deputado provincial na deputación de Ourense, compareceron en rolda de prensa para valorar os orzamentos que a Xunta de Galiza destina a estas dúas comarcas Ourensás. 

Desde o BNG queremos denunciar, un anos máis, o abandono dos gobernos do PP aos que ten sometidas as comarcas de Celanova e Baixa Limia, declaraba Noelia Currás que continuou indicando que con motivo da presentación dos orzamentos da Xunta de Galiza para o 2024, lonxe de acometer os proxectos estratéxicos  e de futuro precisos para o desenvolvemento do sur da provincia de Ourense, non fan outra cousa que insistir na falla absoluta de investimentos. 

 Avanzou que desde o BNG se presentarán medias para a reactivación económica  destas dúas comarcas, en sectores como infraestruturas, medioambiental, empresarial, e turístico. 

Iago Tabarés analizaba que os orzamentos da Xunta son a expresión dun goberno esgotado e sen proxecto para o País, e tampouco para as comarcas de Celanova e Baixa Limia. E avanzaba un proceso de dialogo social na comarca para enmendalos conforme as necesidades das comarcas de Celanova e da Baixa Limia

Practicamente os únicos proxectos territorializados para estas comarcas son un centro de saúdo para Muínos, sen previsión orzamentada, e o arranxo da OU-540 no que tampouco se concreta cantidade, senón que se comparte con outra entre Valdeorras e A Gudiña

 Para o deputado nacionalista non hai concreción alguna de proxectos ou compromisos novos que podan invertir a tendencia de perda de poboación e actividade económica á que nos ten sumido os os gobernos do PP. Unha situación que se ve agravada pola falta de execución de proxectos xa anunciadas con anterioridade.

 A modo de exemplo, dí Tabares, “a xunta deixou de exucutar máis de 65 millóns de euros para a modernización do tecido produtivo no rural, ou máis dun 25% das partidas destinadas a fixar poboación no rural, ou non executou nin a metade dos fondos destinados á formación de desempregados e para facilitar a empregabilidade”

Uns orzamentos continuístas no desprezo pola Galiza interior e na ausencia de proxectos, que agardamos podan ser correxidos na tramitación parlamentar, na execución ou xa directamente tras as elección.  

O deputado provincial do BNG, Xosé Manuel Puga, sinalou que desde o grupo provincial de Ourense se traballa para correxir a infrafinanciación coa que o PP da Deputación de Ourense dotou historicamente aos concellos do sur da provincia. Un traballo que supón un forte contacto social con diferentes sectores sociais.

“Comezando na Deputación por defender e propoñer un PLAN ÚNICO PROVINCIAL 2024 dotado de 25 M€”,  un modelo de financiamento municipal baseado no reparto de fondos proporcional e en base a criterios obxectivos, xa definidos pola FEGAMP, para que todos os concellos e con respecto á atuonomía municipal poidan planificar e decidir en que invisten. 

Con este modelo de financiaciación obxectiva, para a comarca suporá  3.982.492€ millóns de euros ano para ambas comarcas . “O concello que menos recibiría superaría os 140.000€ ano, o que máis  superaría 430.000€ ao ano” exemplificaba o deputado nacionalista.  

A deputación pode asumir isto, pois a Deputación ten un orzamento aproximado de 100 millóns de Euros, polo que só sería un 25% do seu orzamento. Aproveitando a actual minoría do PP na Deputación fomos capaces de “forzar” unha proposta histórica ao PP, sinalou Puga, obrigando ao actual goberno a levar ao pleno do 27 de outubro unha modificación de crédito de máis de 10 millóns de euros, “un fito histórico” ao incluír, por primeira vez, un reparto de fondos para os 92 concellos da provincial.

O BNG denuncia que as comarcas de Celanova e da Baixa Limia están abandonadas polo orzamentos do PP na Xunta e na Deputación