O BNG presentará unha queixa contra a alcaldesa da Bola diante da Valedora do Pobo

a Bola. casa do concello
A Bola, Casa do Concello.
As nacionalistas denuncian a obstrución continuada ao acceso á información por parte da alcaldesa Teresa Barge.
O BNG presentará unha queixa contra a alcaldesa da Bola diante da Valedora do Pobo

Unha información publicada este martes na edición dixital de La Voz de Galicia en Ourense dá conta do malestar do BNG de A Bola ante a continuada obstaculización por parte da alcaldesa do labor de oposición e control do goberno por parte das dúas concelleiras nacionalistas.

 

A información de La Voz sinala:

"O BNG presentará unha queixa ante o Valedor do Pobo pola obstrución continuada do acceso á información por parte da alcaldesa da Bola, Teresa Barje (PP). Os nacionalistas lamentan que a alcaldesa “minta á veciñanza e obstaculice o traballo de control da oposición" e preparan unha moción para debater no próximo pleno para que todos os grupos políticos teñan acceso á documentación relativa o caso. O BNG refírese ao caso do falso policía local, que vestido de uniforme oficial visitou varias administracións e veciños, e á explicación da alcaldesa, que dixo que o contratou como membro de Protección Civil."

 

 

 

Estes foron os feitos:

Marzo 2021. O BNG rexistra unha serie de preguntas por escrito dirixidas á Alcaldía, co fin de aclarar diante da opinión pública diferentes aspectos do caso do "falso policía local"

 

Abril 2021. Resposta da Alcaldía na que, entre outras cousas, se fai referencia a un "informe xurídico" que o Concello da Bola encargou "sobre a Policía Local" e que resultou "negativo".

 

PLENO 30-04-2021. O BNG pregunta no pleno por varios documentos, entre eles, ese "informe xurídico"

(no minuto 5.30 do vídeo: https://www.facebook.com/1463544560365474/videos/315468013347571).

 

12-05-2021. O BNG rexistra un escrito no Concello de A Bola solicitando a documentación á que fixo referencia a alcaldesa no pleno. Pide o "informe xurídico" e a norma que regula o funcionamento de Protección Civil no Concello.

 

14-05-2021. A Alcaldía emite unha resolución negativa amparándose en 2 leis que están derrogadas. O BNG recibe a resolución o día 19, por correo ordinario.

 

31-05-2021. O BNG presenta no rexistro un recurso de reposición contra esa decisión.

 

02-06-2021. O BNG denuncia publicamente a actuación da Alcaldía, acusa á alcaldesa de mentir e pide a nulidade dos acordos tomados pola Alcaldía e que se facilite o acceso á información solicitada.

(https://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/portadas/alcaldesa-da-bola-nega-informacion-ao-bng-amparandose-leis-derrogadas/20210602144218001072.html)

 

04-06-2021. A Alcaldía emite outra resolución, na que admite o erro, pero volve denegar o acceso á información. O BNG recibe a notificación por correo electrónico, acompañada dun PDF, presumiblemente a resolución "adaptada" á lei en vigor, que vén danado e non se pode abrir.

 

08-06-2021. O BNG presentará unha Queixa diante da Valedora do Pobo por obstrución continuada ao acceso á información por parte da alcaldesa da Bola. O BNG lamenta que a Alcaldesa minta á veciñanza e obstaculice o labor de control da oposición, e prepara unha moción para debater no próximo pleno para que toda a documentación referida o caso e toda a documentación á que aludiu á alcaldesa chegue aos grupos políticos.

La Voz: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2021/06/07/bng-acudira-valedor-do-pobo-conseguir-informacionsobre-falsopolicia-bola/00031623074094664815804.htm

O BNG presentará unha queixa contra a alcaldesa da Bola diante da Valedora do Pobo