As cifras da covid en Celanova: 42 casos e 654 de incidencia acumulada

GRAf inicdencia XAn.19
Evolución da curva de incidencia acumulada. Datos desde o 1 de xaneiro de 2021.
As cifras da covid en Celanova: 42 casos e 654 de incidencia acumulada

O número total de casos este martes 19 de xaneiro no termo municipal de Celanova é 42 (eran 41 no rexistro de onte do Sergas ás 18 horas).

Os casos activos en centros de ensino son 9. Hai 5 casos no CEIP Plurilingüe Curros Enríquez, e 4 no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro.

Incidencia acumulada a 14 días: 654. A incidencia acumulada serve para medir a velocidade da expansión dos contaxios. Calcúlase restando do número de casos os casos que había catorce días antes e establecendo a equivalencia cunha mostra de 100.000 habitantes. A incidencia parece moderar a velocidade do seu crecemento [ver gráfica arriba], despois de que entre o pasado xoves e o domingo pasase de 336 a 601 en apenas tres días. Mais haberá que esperar uns días para comprobar se a curva empeza a aplanar.

Número de casos (e incidencia acumulada, a data de onte) no resto da comarca:
A Bola, menos de nove (>150 <250)
A Merca, menos de nove (>150 <250)
Cartelle, menos de nove (>50 <150)
Gomesende, sen novos casos (<25).
Padrenda, 14 casos (>250).
Pontedeva, sen novos casos (<25).
Quintela de Leirado, sen novos casos (<25).
Ramirás, 12 casos (>250).
Verea, sen novos casos (<25).

 

Gráfica do número de casos cada día en Celanova (segunda e terceira onda)

Grafico Celanova covi XAN.19

As cifras da covid en Celanova: 42 casos e 654 de incidencia acumulada