HOMENAXE CÍVICA O 11 DE AGOSTO

Non imos baixar a garda

Leopoldo 11 de agosto (3)
Imaxe: Arxiña.
Non imos baixar a garda

Militantes do BNG de Celanova, encabezados polo portavoz municipal, Leopoldo Rodríguez, participaron este martes 11 de agosto na primeira homenaxe cívica ás vítimas da covid durante o surto na Residencia San Carlos de Celanova.

 

O acto, organizado por familiares de residentes en colaboración coa plataforma REDE, contou ademais coa presenza de usuarias e usuarios do centro de maiores, de traballadoras e dunha representante do padroado.

 

Foi un acto sinxelo e emotivo, que as familias teñen intencion de repetir nos próximos meses. O BNG de Celanova continuará acompañando ás familias nas homenaxes e reivindicacións da memoria dos seus e nas demandas para coñecer o que pasou e para que se corrixan canto antes os erros e as eivas na atención.

 

A residencia é a parte máis vulnerábel o covid en Celanova e como representantes políticos non imos baixar a garda.

 

A continuación reproducimos o comunicado das familias que se publicou en REDE despois do acto:

 

"Comunicado de agradecemento das familias de Celanova

As familias de usuarias da Residencia San Carlos de Celanova agradecemos a participación de veciñas e veciños, de traballadoras do centro, dunha representación do padroado e de varios responsables e militantes de partidos políticos (BNG, Celanova Decide e PSOE), de todas, pero moi especialemente das e dos maiores da Residencia que fixeron o esforzo de achegarse até a praza Maior para render homenaxe ás que se foron, a todas as familias que sufrimos e tamén agradecer neste pequeno acto de silencio en memoria daquelas o esforzo das mulleres que estiveron coidando deles e seguen coidando deles, moitas veces sen toda a axuda que sería posibel facilitarlles.

Agradecemos a presenza do noso compañeiro en REDE, Moisés, que desde Ourense nos acompaña a diario neste tarefa en prol dos nosos maiores, de todas as maiores de todas as residencias que seguen precisando atención e cariño. Agradecemos de todo corazón a presenza de traballadoras que foron as nosas mans, os nosos ollos e os nosos corazóns nos peores momentos e polo que aínda hoxe están pagando consecuencias físicas e psicolóxicas.

Agradecemos a presenza desas ducias de veciñas e veciños que se achegaron até a praza, e das que se pararon para respectar o noso silencio e compartir a nosa homenaxe. 

Sentímonos reconfortadas, sobre todo, por elas, esas dúas mulleres e catro homes, compañeiros das nosas, que viviron o inferno da covid todos eles, e que este martes estiveron presentes para lembrarnos a todas e todos que temos unha débeda coas maiores e cos maiores, que seguen aquí e precisan de nós.

Nós, seguiremos. E seguiremos chamando a todas as responsables e autoridades e representantes a unirnos en prol deles, os nosos. 

Grazas por últimos aos medios de comunicación por a cobertura dun acto sinxelo e de humilde homenaxe en Celanova ás nosas vítimas, que son unha parte deses centos de vítimas en Galicia e milleiros en España da covid. Vaia o noso cariño para todas as familias de todas elas tamén."

 

Ligazóns a pezas informativas sobre o acto aparecidas en diferentes medios:

La Región: https://www.laregion.es/articulo/celanova/recuerdan-velas-victimas-fallecidas-residencia-celanova/20200811161835966103.html

Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/08/12/once-velas-once-rosas-once/2325680.html

TVE1: https://www.facebook.com/1664479323873544/posts/2718998941754905/

 

 

Non imos baixar a garda