MUNICIPAIS 2023

Presenza en 7 concellos e 17 concelleiras (resultados do BNG na Comarca de Celanova)

316409698_1098672927514603_4572040576081831986_n
Presenza en 7 concellos e 17 concelleiras (resultados do BNG na Comarca de Celanova)

As eleccións do 28M permitiron que o BNG mellorase os seus resultados municipais a nivel xeral a respecto de 2019.


Desta volta, o BNG conseguiu representación nos 7 concellos nos que presentou lista, sumou máis concelleiras e máis votos, e conseguiu a maioría absoluta en Verea (onde José Antonio Pérez Valado repetirá na Alcaldía) e foi a lista máis votada en Ramirás.


Malia non presentar listas na Baixa Limia, o BNG sumou máis votos que no 2019: un 29,5% máis, para un total de 2.089. Deses votos, 1.475 sumaron para que a organización obteña 3 deputados provinciais polo partido xudicial de Ourense.


O éxito do BNG en Verea foi rotundo, cun ascenso dun 95% dos apoios até conseguir 7 concelleiros, todos os da corporación.


En Ramirás, o BNG gañou as eleccións sumando un 82% de apoio máis a respecto de 2019. Co triplo empate a 3 actas entre tres partidos, a Alcaldía resolverase a través de pactos.


Moi relevante foi tamén o regreso do BNG, da man de Yolanda Arias, á corporación de Gomesende, onde a lista nacionalista foi ademais a segunda máis votada.


Na Bola, o BNG acadou 3 concelleiras e tamén é a segunda forza, acurtando a distancia co PP. Na Bola os apoios subiron un 44% a respecto ás anteriores municipais, e o BNG colle forza mentres a perde Teresa Barge.


En Cartelle, malia a baixada dun 5% nos apoios, o BNG tamén é a segunda forza por diante do PSOE e quedou moi preto de conseguir a segunda acta. 


Na Merca, o BNG tamén subiu en votos e mantén unha concelleira. En Celanova, o BNG tamén mantén a súa representación malia a perda de apoios. 


No plano comarcal, o BNG sobe de 9 a 17 concelleiros, e de 1.612 votos a 2.089, o que indica unha dinámica de recuperación do músculo electoral do nacionalismo que foi notable nas Galegas de 2020, nestas municipais e que, se prevé, continúe nas Xerais do próximo 23 de xullo e nas próximas Galegas, antes dun ano.

GRÁFICAS

Resumo comarcal con datos provisionais23

Número de votos (e variación porcentual 2019/2023)

Resumo comarcal con datos provisionais24
Número de concelleiras.
347389990_699459028331302_97373501659286854_n
Posición relativa do BNG nas diferentes corporacións.

 

Moitas grazas a toda a militancia e simpatizantes polo traballo destes meses. Parabéns ás 17 concelleiras e especialmente aos futuros alcaldes e as concelleiras que se estrearán neste mandato que comezará o 17 de xuño coa constitución das diferentes corporacións.

Presenza en 7 concellos e 17 concelleiras (resultados do BNG na Comarca de Celanova)