Solidariedade con Manuel García, do MEL

SEPIA
Manuel García, este luns 2 de marzo tras un acto nos xulgados de Xinzo. @TVE
Comunicado da Executiva Nacional do BNG en solidariedade co Movemento Ecoloxista da Limia e contra a súa criminalización
Solidariedade con Manuel García, do MEL

A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego, reunida en Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 2020, diante do coñecemento do procedemento aberto contra Manuel García, membro do Movemento Ecoloxista da Limia, quere manifestar o seguinte:

 

Desde o Bloque Nacionalista Galego queremos trasladar a nosa solidariedade e rexeitar a criminalización e persecución á que se está a someter á persoa denunciada, ao Movemento Ecoloxista da Limia e, por extensión, a todas as persoas, colectivos e asociacións ou entidades sociais, medioambientais ou sindicais que traballan a prol dun futuro sostíbel para a comarca da Limia e para Galiza.

 

A grave situación ambiental que padece a Limia e a Baixa Limia, con importantes problemas ambientais conforme mesmo recoñece abertamente a Confederación Hidrográfica Miño-Sil ou a propia Xunta de Galiza ao constituír a Mesa da Limia, é hoxe innegábel e é unha responsabilidade colectiva non permitir a persecución e cuestionamento das entidades que o denuncian na procura dunha solución que dea futuro a esta zona do país.

 

O BNG reitera o seu compromiso a prol da liberdade de expresión e a defensa da terra, e reitera o seu chamamento á responsabilidade colectiva de todas as partes e a poñer o acento na necesidade de que as administracións estatal e galega se responsabilicen na procura de solucións e ferramentas que garantan a compatibilidade entre a actividade económica gandeira e agraria e a calidade, suficiencia e adecuado estado dos recursos naturais, especialmente a auga.

 

Ourense, 28 de febreiro de 2020. 

Solidariedade con Manuel García, do MEL