Teresa Barge solicitou un informe porque unha persoa pediu no Concello traballo como policía local

pleno BOLA 1.30
Os concelleiros nacionalistas, antes do inicio do pleno.

Despois da suspensión do mércores, Teresa Barge celebrou o pleno e volveu aumentar a confusión sobre a súa responsabilidade directa no caso do falso policía local.

O BNG solicitará o expediente do decreto de contratación como voluntario de protección civil da persoa que se fixo pasar por policía local.

Teresa Barge solicitou un informe porque unha persoa pediu no Concello traballo como policía local

A alcaldesa da Bola, Teresa Barge, celebrou finalmente este venres o pleno suspendido o pasado mércores por unha indisposición repentina da secretaria municipal, que hoxe puido asistir á sesión, na que estivo ausente unha das concelleiras do grupo de goberno e puido acceder prensa malia a intención inicial de Barge de limitar o aforo e celebrar o pleno sen público. Abríronse as fiestras do salón de plenos e militancia nacionalista presenciou in situ o debate no que a concelleira do BNG, Vanesa García, volveu solicitar aclaracións sobre o asunto do “falso policía local”.

 

Despois dunha tensa quenda no apartado de rogos e preguntas, o BNG segue tendo as mesmas dúbidas que vén mostrando despois de cada interpelación a alcaldesa. Barge ofreceu no pleno de onte un novo relato da cadea de feitos.

 

O que pasou segundo ela é que A. V. I. (as iniciais que deu a alcaldesa) presentouse no Concello da Bola, foi contratado para desenvolver funcións de voluntario de protección civil “durante tres días, pero só estivo dous”, dixo Barxe; e durante esas dúas xornadas estivo acompañado por outro persoal de protección civil. A alcaldesa non quixo asumir que foi ela, coa sinatura do decreto de contratación, quen autorizou esta persoa a utilizar o vehículo municipal de protección civil.

 

Despois -continúa o relato de Barge- esta persoa ofreceuse -no aclarou Barge en que momento- a prestar funcións de policía local “de xeito gratuíto e voluntario”. Entón foi cando a alcaldesa decidiu encargar un informe xurídico, “simplemente se pediu para ver se iso era verdade e era posíbel” e un uniforme “para o caso de que o informe xurídico fose favorábel”. Barge tampouco especificou a quen se encargou o informe e o uniforme, dixo que toda a documentación se lle remitiu o Xulgado e comprometeuse a informar aos concelleiros do BNG das noticias que se reciban no Concello da Bola a respecto da investigación.

 

“As explicacións son cada vez máis confusas”, resumiu a portavoz nacionalista ao remate da sesión. “O BNG continuará pedindo toda a documentación ao respecto para tratar de determinar o alcance das responsabilidades de cada quen”.

 

O BNG solicitará o expediente do decreto polo que o Concello da Bola se comprometeu con A. V. I. O 11 de marzo para que esta persoa realizase funcións de voluntariado en protección civil, funcións que segundo a alcaldesa só desenvolveu durante 2 días. O BNG revisará a documentación anexa na que, segundo a alcaldesa, figura a titulación desta persoa como “auxiliar de policía local” e as acreditacións en formación de seguridade viaria e coidado de animais, entre as que se relacionan no decreto para xustificar a contratación.

Teresa Barge solicitou un informe porque unha persoa pediu no Concello traballo como policía local