Portadas
O BNG revisará o expediente da auga na Merca para examinar a supresión do subministro desde maio
As nacionalistas rexistraron o pasado venres, día 2 de outubro, a petición de acceso á documentación.
“O servizo colapsou pola incapacidade do alcalde para solucionar o problema da contaminación e buscar alternativas de subministro; e, por riba, as facturas increméntanse e a veciñanza paga máis que nunca por un servizo incompleto”, manifesta Teresa Garrido.