O BNG pide que non se cobre a taxa da auga na Merca tras cinco meses sen subministro

Servizo de Augas. A Merca. Foto: La Región. 2020
Estación de Rubillós. @LaRegión

As nacionalistas recollen o malestar da veciñanza diante do anuncio do alcalde de máis atrasos na recuperación do servizo e novas subidas no recibo.

O BNG aposta por fixar un prezo fixo e propón que o Concello da Merca devolva os incrementos cobrados no segundo trimestre desde ano polas subas no canon e na taxa de consumo.

O BNG pide que non se cobre a taxa da auga na Merca tras cinco meses sen subministro

O BNG da Merca rexistrou unha moción para que o Concello da Merca non cobre a taxa de auga correspondente ao período no que o servizo careceu de subministro de auga potábel, período que vai de maio até setembro con previsión de que a situación se manteña tamén cando menos neste mes de outubro.


O BNG, que este verán denunciou diante do Seprona a situación da rede de abastecemento e solicitado a intervención da Valedora do Pobo ante o problema de saúde pública, recolle o malestar da veciñanza que se evidenciou despois dunha xuntanza entre un grupo de veciñas e os responsábeis municipais. As veciñas e veciños que acudiron reclamar unha solución para o subministro manifestaron publicamente o seu descontento despois da xuntanza na que o alcalde advertiu que non rebaixará as taxas (insistiu en que son moi baixas en comparación con outros concellos) e que ten a previsión de incrementalas, mentres recoñecía que non topa solución a contaminación con trihalometanos e avanzou que o problema pode continuar mesmo até o mes de novembro.


“O que é moi baixa, moi moi baixa, en comparación con outros concellos é a calidade do servizo na Merca”, manifestou a concelleira nacionalista Teresa Garrido, que defenderá a suspensión de cobro das taxas e as devolucións e rebaixas que exixe a veciñanza, e mostrou a súa disposición a reunirse coas veciñas e veciños para “levar as súas queixas e demandas ás institucións locais, provinciais e galegas”.

Proposta do BNG: conxelar as subas e devolver os incrementos cobrados


No mesmo texto, as nacionalistas chaman a atención a respecto de variacións sen aparente xustificación no prezo da auga. Despois de revisar facturas dous trimestres de 2019 e dos dous primeiros do 2020, o BNG advirte subas en dous conceptos: a taxa de consumo e o canon que establece a Xunta de Galiza.


“A taxa por consumo de auga pasou de 6 euros no último trimestre do 2019 a 9 euros no primeiro do 2020 sufrindo un incremento dun 50%”, indican as nacionalistas, que ademais aprecian erros na estimación do IVE xa que “non se paga ningún trimestre a mesma cantidade”. O BNG solicitará do goberno municipal unha explicación precisa destes incrementos.

 

A nova en 

Faro de Vigo: https://bit.ly/36weKAu 

La Región: https://www.laregion.es/articulo/celanova/bng-pide-pagar-agua-merca-sea-potable/20201004200941976624.html

Badal Novas: https://badalnovas.com/2020/10/07/o-bng-pide-que-non-se-cobre-a-taxa-da-auga-na-merca-tras-cinco-meses-sen-subministro/

 

 

 


Diante destas oscilacións no recibo, o BNG propón que se fixe como referencia os prezos sobre o recibo da auga os do último trimestre do 2019 sen aplicar ningunha suba e que o Concello da Merca devolva ás veciñas e aos veciños a suba experimentada no segundo trimestre de 2020 tanto no canon como na taxa por consumo.

O BNG pide que non se cobre a taxa da auga na Merca tras cinco meses sen subministro