O BNG de Celanova solicitará revisar o permiso municipal que consinte tapar a estatua de Curros

accion na estatua de Curros o 27 de dec de 2022
As nacionalistas desenvolven unha campaña na vila para denunciar a agresión ao patrimonio, mentres o goberno local promove a instalación de máis carpas intentando agochar o grave erro.
      
O BNG dirixiuse ao hostaleiro afectado para explicarlle que a defensa da riqueza patrimonial de Celanova tamén contribúe a defender oportunidades para o sector hostaleiro e o comercial. 
O BNG de Celanova solicitará revisar o permiso municipal que consinte tapar a estatua de Curros

O Bloque Nacionalista Galego de Celanova solicitará revisar os trámites municipais polos que o goberno de Celanova, a coalición de Antonio Puga+PSOE, concedeu a un local de ocio nocturno o permiso para cubrir a estatua de Curros Enríquez e parte dos xardíns de Curros Enríquez no casco histórico da vila, a carón mesmo do Mosteiro.


Malia ampla repercusión en redes e en medios de comunicación que tivo a alerta do BNG o pasado venres, o goberno Puga+PSOE optou por persistir nun erro que supón unha agresión sen precedente ao legado histórico cultural da vila. O BNG levou onte á denuncia ás rúas cun reparto de follas informativas no centro e unha acción reivindicando respecto para o patrimonio xunto as estatuas de Curros, Celso Emilio e Pepe Velo.   


“Un respecto para o Curros” é o lema da faixa que as nacionalistas despregaron a primeira hora da tarde para sinalar a deriva dun goberno local que renunciou a ordenar o uso do espazo público, deixando que cada quen faga o que lle pareza incapaz de conciliar intereses e ofrecer un norte.  

O BNG falou co propio hostaleiro afectado e con outros hostaleiros, así como con comerciantes e veciñas, para explicarlle que a alerta lanzada non só é unha obriga de intervención política en defensa do patrimonio común, senón tamén unha contribución á defensa de oportunidades de negocio para os sectores hostaleiro e comercial que precisan dunha vila que coide e promova os seus tesouros monumentais e culturais cun uso respectuoso e intelixente dun espazo público privilexiado. 

Estatura de Celso Emilio
Acción na estatua de Celso Emilio, o luns 26 de decembro.

Mentres, o goberno local dedicou o día a visitar locais de hostalería para lles propoñer a instalación de novas carpas na rúa no que parece un intento infantil de agochar o erro de tapar un elemento patrimonial senlleiro enchendo Celanova de plásticos e lonas.       


O BNG chama á veciñanza de Celanova e, en especial, ao tecido cultural de Celanova a participar na defensa do patrimonio común.

accion na estatua de Curros o 27 de dec de 2022
Acción diante da estatua de Curros cuberta por unha carpa desde hai 7 días.

Finalmente, o BNG considera que se o hostaleiro afectado sofre algún prexuízo económico polo desleixo municipal en aplicación da normativa (e do sentido común) tería dereito á compensación correspondente por parte do Concello.

 

AMPLO SEGUIMENTO EN PRENSA

LA VOZ
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/celanova/2022/12/24/celanova-criticas-colocacion-carpa-sobre-estatua-curros/0003_202212O24C10998.htm

LA REGION
https://www.laregion.es/articulo/celanova/bng-exige-retirada-carpa-busto-curros/202212240316501185455.html

Faro
https://www.farodevigo.es/ourense/2022/12/24/bng-critica-carpa-cubre-estatua-80362353.html

Nós Diario
https://www.nosdiario.gal/articulo/social/denuncian-aldraxe-figura-curros/20221223171559158909.html

Galicia Confidencial
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/217542-estatua-curros-enriquez-celanova-cuberta-carpa

Ourense dixital
https://www.ourensedixital.com/_novas/22/12/23_02.htm

Ourense.com
https://www.ourense.com/el-bng-exige-al-alcalde-de-celanova-que-retira-la-carpa-que-cubre-la-estatua-de-curros/

Galicia Press
https://www.galiciapress.es/articulo/ourense/2022-12-25/4118974-bng-exige-alcalde-celanova-retirada-carpa-cubre-estatua-curros

Ourense Na Rede

https://ourensenarede.com/piden-a-retirada-da-carpa-que-cubre-a-estatua-curros-enriquez/

O BNG de Celanova solicitará revisar o permiso municipal que consinte tapar a estatua de Curros