O BNG pide o goberno de Celanova que convoque as partes implicadas no proxecto eólico a informar á veciñanza

Eólicos no Vieiro, desde a zona onde se proxecta outro polígono. Imaxe BNG
Eólicos no Vieiro, desde a zona onde se proxecta outro polígono.
As nacionalistas presentan unha moción para que o alcalde dea conta das afectacións ambientais, patrimoniais e paisaxísticas da instalación industrial.
O BNG pide o goberno de Celanova que convoque as partes implicadas no proxecto eólico a informar á veciñanza

A inquietude creada entre a veciñanza polo anuncio da instalación dun polígono de aeroxeneradores no Monte da Neve, e para coñecer e responder aos posíbeis impactos ambientais, patrimoniais e paisaxísticos da instalación industrial, levou o BNG de Celanova a rexistrar este luns unha moción a debater no pleno municipal deste mes de marzo na que se insta ao goberno local "a informar á veciñanza de Celanova dos detalles do plan da empresa", así como do marco temporal dun proxecto "que compromete ás xeracións futuras".


As nacionalistas lembran que desde o pasado 17 de febreiro está a exposición pública para alegacións o documento inicial do proxecto, e que xa o mes anterior, no pleno do 27 de xaneiro, o BNG reclamou do alcalde información sobre este proxecto. Daquela, o alcalde apenas manifestou que lle pedira á empresa que os muíños non se visen desde a vila. Ver vídeo:

https://www.facebook.com/BNG.Celanova/videos/6217085614993222


Diante da falta de información en Celanova, o BNG vén traballando estas últimas semanas a nivel comarcal, en particular coas asembleas locais de Celanova e Verea, para achegarse aos axentes implicados no proxecto, obter información dos posíbeis impactos e considerar a resposta máis axeitada nun contexto en que os megaparques que provocan enormes pegadas medioambientais ou patrimoniais están sendo rexeitados en diferentes lugares do país.  


Como parte dese labor en favor da transparencia e do coñecemento público das implicacións dunha instalación industrial desta magnitude na contorna da vila e próxima a varias aldeas de Celanova, o BNG pide na moción  que o goberno municipal de Celanova "convoque aos actores implicados, directa e indirectamente no proxecto, a charlas informativas abertas á cidadanía".

O BNG pide o goberno de Celanova que convoque as partes implicadas no proxecto eólico a informar á veciñanza