PLENO XANEIRO CELANOVA (II)

Por qué Celanova non se informa nin informa do proxecto para instalar un parque eólico na área da Casa da Neve?

Muíños de vento no parque de Verea, próximo á zona do proxecto en curso
Muíños de vento no parque de Verea, próximo á zona do proxecto en curso.
O BNG preguntou no pleno deste mércores polas noticias a respecto de conversas avanzadas para a instalación de muíños de vento entre Cañón e Amoroce, a uns tres quilómetros do centro de Celanova.
Por qué Celanova non se informa nin informa do proxecto para instalar un parque eólico na área da Casa da Neve?

O alcalde cedeu o salón de actos a unha empresa de explotación eólica para reunirse con veciños e di que non sabe nada do proxecto, pero que traerá “beneficios económicos”. O alcalde de Celanova recoñeceu este mércores 27 de xaneiro que cedeu o salón de plenos para unha reunión entre unha empresa de explotación de enerxía eólica da que non deu o nome e comuneiros de montes da contorna de Celanova. 

 

O alcalde de Celanova asegurou que nada sabe dos detalles do proxecto nin do avanzadas que están as conversas entre as partes para a instalación dun parque eólico nos montes de Amoroce e Cañón, mais a continuación mostrouse favorábel o proxecto “sempre que os muíños non se vexan desde a vila” (polo que se refire ao resto de poboacións non parece importarlle a afectación sobre a paisaxe) e xustificou a súa predisposición polos “importantes” beneficios que, segundo el, deixará no municipio, malia que non sobou concretar de que beneficios se trata. 

 

Non é consciente o alcalde, segundo expresou, da alarma social que está a producir a proliferación de parques eólicos no país. Polo que o concelleiro do BNG lle tivo que explicar que a reacción veciñal se está a producir desde a Costa da Morte aos Ancares, de Mondoñedo ao Baixo Miño, en ducias de concellos nos que as empresas e a Xunta foron aproveitando os meses de pandemia para acelerar proxectos a costas da veciñanza.

 

 
A este respecto, Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG, demandou do alcalde que informe ás veciñas e veciños dos plans en marcha e se preocupe da viabilidade ambiental e social dun plan antes que duns supostos beneficios económicos para as arcas municipais.

 

Informe do BNG a nivel nacional


Nun informe recente, o BNG - Bloque Nacionalista Galego avoga por unha "adecuación dos proxectos en canto a súa localización e tamaño ás características do territorio", e lembra que "na actualidade, os propietarios reciben de media entre o 1,1 e o 2,4% do total da facturación dos parques. Se se teñen en conta os ingresos dos concellos por IAE, IBI e imposto de construción… a parte que fica no territorio da facturación é de aproximadamente o 5%". O BNG propón ademais que se estableza a "obriga legal para que propietarios de terras próximas a un parque eólico teñan posibilidade de participar no capital das compañías, establecendo unha reserva de cota do 20% (unha regulación similar aprobouse en Dinamarca en 2016)."
 

Por qué Celanova non se informa nin informa do proxecto para instalar un parque eólico na área da Casa da Neve?