ELECCIÓNS MUNICIPAIS 28M | CELANOVA

O BNG propón a creación dun Consello Municipal da Mocidade en Celanova

BNG Celanova escoita. Enconcontro Mocidade. Galiza Nova. 25.03 (4)
Encontro deste sábado no Local social do BNG en Celanova.

 

As nacionalistas tamén levarán ao seu programa a recuperación da FESTA CASTREXA e a ampliación de horarios da BIBLIOTECA PÚBLICA.

      
Nunha xuntanza con mocidade, o BNG comprométese a fundar, desde o goberno municipal, a CASA DA MOCIDADE e o CENTRO DE INFORMACIÓN XUVENIL

O BNG propón a creación dun Consello Municipal da Mocidade en Celanova

O BNG de Celanova comprométese a poñer en marcha un Consello Municipal da Mocidade, así como á fundación dun Centro de Información Xuvenil e da Casa da Mocidade, como elementos de dinamización da actividade de mozas e mozos durante o próximo mandato.

 

No encontro, con mozos e mozas celebrado este sábado, o BNG e Galiza Nova recolleron algunhas propostas para promover unha política real e participada de mocidade. Entre estas, a ampliación dos horarios da biblioteca pública, a recuperación da Festa Castrexa, a programación de foliadas populares ou a dotación e mellora dun ximnasio municipal para favorecer a actividade física máis alá do deporte federado.

 

“A cuestión das políticas de mocidade é que non as houbo. Nos últimos vinte anos, a acción pública dirixida a mocidade reduciuse a festas. E con iso non chega”, resumiu Xulia Paz, número 2 da lista para as municipais do BNG de Celanova, acompañada pola responsábel comarcal de Celanova, Laura Pérez, e por María Rodríguez Cabaco e outras candidatas nacionalistas. 

 

O BNG, explicaron as candidatas, pretende elaborar unha estratexia municipal para a mocidade contando “cun órgano de participación de colectivos e persoas". Ese órgano é o Consello Municipal da Mocidade, “aberto á participación individual e de colectivos”, que funcione como “foro para expoñer ideas e identificar necesidade e decidir que políticas queremos levar adiante”

O Consello Municipal da Mocidade será un órgano “aberto á participación individual e de colectivos”, que funcione como “foro para expoñer ideas e identificar necesidade e decidir que políticas queremos levar adiante”.

“A cuestión das políticas de mocidade é que non as houbo. Nos últimos vinte anos, a acción pública dirixida a mocidade reduciuse a festas. E con iso non chega”. 

O BNG de Celanova pensa que se pode proxectar deste xeito "un programa anual de lecer, deporte e cultura" moi variado, en función das demandas das propias mozas e mozos e dos seus colectivos e asociacións. Onte puxéronse algunhas sobre a mesa: ciclos de cine e talleres de escritura ou de fotografía, foliadas, charlas informativas sobre sexualidade ou sobre o medio ambiente ou a creación de programas de voluntariado. 

BNG Celanova escoita. Enconcontro Mocidade. Galiza Nova. 25.03 (5)
Encontro con mozas e mozos no Local social do BNG en Celanova, con participación de Galiza Nova, o último sábado de marzo.

Para iso, o BNG comprometeuse a fundar a Casa da Mocidade de Celanova, como espazo “para habitar e utilizar, para unha convivencia a construír desde a propia xestión por parte de mozas e mozos”, e a fundar tamén un Centro de Información Xuvenil, como servizo de atención e orientación sobre a sexualidade, a saúde, o ámbito laboral ou o medioambiental, ou dinamizar campamentos e festexos.

 

Entre estes últimos, hai unha xeración de mozas e mozos que avogan pola recuperación da Festa Castrexa, unha celebración popular que comezou a se celebrar a finais do século pasado e que decaeu até desaparecer. Agora hai vontade para rescatar aquel festexo e o BNG comprométese a animar esta iniciativa.  

O BNG propón a creación dun Consello Municipal da Mocidade en Celanova