Intervención de Leopoldo Rodríguez sobre os impactos na saúde e no patrimonio do proxecto na Casa da Neve

Charla informativa 10 de xullo de 2021. Intervención de Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG en Celanova.
"É unha loita pola supervivencia. É unha batalla polo territorio"
Intervención de Leopoldo Rodríguez sobre os impactos na saúde e no patrimonio do proxecto na Casa da Neve

Charla informativa 10 de xullo de 2021. Intervención de Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG en Celanova.

 

1️⃣ A que nos enfrontamos?

Un polígono eólico: 7 aeroxeneradores de 102 metros de altura até o rotor e pás de 155 metros. ALTURA TOTAL = 179,5 metros A previsión de potencia a instalar é de 42 MW.

 

2️⃣ O que está en xogo

✔️ Esta é unha batalla polo territorio. Cada polígono de extracción de enerxía eólica colle unha porción de territorio que se converte automaticamente en solo de uso industrial. Na área ao redor dese perímetro, nun radio duns tres quilómetros, as terras perden valor tanto para usos residenciais como para usos agrícolas ou gandeiros.

✔️ A consecuencia a medio prazo é que os polígonos eólicos expulsan poboación nunha área moito máis ampla da que constitúe en si a zona de aproveitamento.

🔲 A instalación dos polígonos NON vai traer riqueza ningunha.

O que vai traer, isto está comprobado é:

▪️ desvalorización do entorno

▪️ desvalorización da calidade de vida

▪️ desvalorización do medio natural

▪️ desvalorización da paisaxe

▪️ perda doutro tipo de fontes de riqueza económica (non só o turismo, senón o mesmo monte)

▪️ vai traer máis despoboamento

▪️ vai traer máis avellentamento…

 

3️⃣ A quen nos enfrontamos?

Aquí sabemos o que quere dicir unha gran empresa enerxética cando di: "esta enerxía é verde e non vai facer dano"

O que pasou cos encoros pasa hoxe cos polígonos eólicos:

✔️ As empresas precisan territorio, e buscan emprazamentos onde as institucións son débiles e a sociedade civil está empobrecida e avellentada.

As empresas agochan os seus plans mentres convencen (ás veces compran) aos gobernos locais e rexionais e aos afectados.

 

4️⃣ Os perigos para a saúde

✔️ As máquinas son, EN PRIMEIRO LUGAR, perigosas para a saúde das persoas que teñen que vivir próximas elas.

▪️ efectos na calidade das augas. ▪️ efectos consecuencia do ruído.

▪️ efectos na visión (efecto discoteca).

▪️ risco de accidentes por desprendemento de placas de xeo.

🔲 Por que unha empresa con sede no Estado alemán de Baviera VÉN INSTALAR A CELANOVA unhas máquinas que NON PODERÍA INSTALAR no seu territorio?

No caso do proxecto de BayWa, os redactores do documento asumen que cando menos catro aldeas quedarán expostas a niveis de 40 decibelios. Isto é o que di a promotora do polígono. E eses niveis de ruído son prexudiciais para a saúde. Non son inocuos.

 

5️⃣ O patrimonio ameazado, a paisaxe ameazada

O informe arqueolóxico “REALIDADE ARQUEOLÓXICA DO MONTE DA NEVE” leva por subtítulo: Lugares Primitivos fundacionais do mosteiro de Celanova e necrópole megalítica dos Altos da Lagoa, e di:

✔️ No espazo do Monte da Neve e dos Altos da Lagoa hai unha zona de “ampla densidade” de elementos arqueolóxicos “considerados de gran importancia para a historia de Celanova e para o seu presente e futuro desenvolvemento socioeconómico”.

✔️ O informe cataloga na área da Casa da Neve dous conxuntos: a) unha necrópole megalítica, e b) os lugares primitivos fundacionais do Mosteiro. ...cun “alto valor patrimonial” ✔️ E, polo tanto, esa área veríase alterada coa extrema proximidade dos aeroxeneradores propostos, alteración que se vería agravada se estes foran visíbeis desde a propia Celanova, "xa que rompería a relación visual establecida entre o Mosteiro actual e os seus antigos lugares”.

✔️ A contorna do Monte da Neve está intimamente ligada á Celanova, NON SÓ HISTÓRICAMETE, senón tamén paisaxisticamente.

É necesario atender esta ameaza desde unha xestión da paisaxe e do patrimonio.

🔲 O informe conclúe: “Administrativamente moitos destes vestixios non figuran nos inventarios arqueolóxicos, consecuencia de seren aínda estudos activos, inda que isto non é causa para non telos en conta á hora da súa protección. Ausencia nos inventarios á que se pon remedio a través do envío do avance destes estudos á administración competente”.

 

6️⃣ Que imos facer?

NO MONTE DA NEVE HAI BENS PATRIMONIAIS RELEVANTES E DIGNOS DE PROTECCIÓN.

🟢 O BNG levará ao Parlamento Galego a demanda dunha prospección arqueolóxica que determine o valor dos restos presentes na área da Casa da Neve.

🟢 O BNG pedirá da corporación local de Celanova a declaración dunha moratoria eólica no termo municipal.

Intervención de Leopoldo Rodríguez sobre os impactos na saúde e no patrimonio do proxecto na Casa da Neve