Sobre os inxustos procesos de estabilización de emprego nas administracións públicas

Sede Mancomunidade Terra de Celanova. Dezembro 2019 (2)
Sede Mancomunidade Terra de Celanova.

Un artigo de Manuel Ferro, militante do BNG de Cartelle.

Sobre os inxustos procesos de estabilización de emprego nas administracións públicas

Ao longo do ano 2022 e maiormente nas últimas semanas estanse a publicar nos sucesivos boletíns oficiais convocatoria e bases dos procesos selectivos para a selección do traballadores públicos incluídos nos cadro de persoal de estabilización de emprego temporal.
 

Pensamos que son inxustos porque o sistema de acceso vai ser na maioría dos casos o concurso onde se puntúan entre outros  méritos ser traballador da administración onde se dirixa a solicitude; unha vantaxe que só teñen aqueles que levan traballando aí todo este tempo. 


Isto é mais grave se cabe na maioría das administración locais (Concellos, Mancomunidades e deputacións) onde moitos dos postos de traballo temporais fóronse ocupando por enchufes e sen un proceso de selección previa (listas de contratación, bolsas de emprego...,como si hai na administración autonómica ou na estatal); e nalgúns casos incorrendo en fraude de lei como contratar laborais para postos de funcionarios como pasou no Concello de Cartelle. 


No caso de noso Concello de Cartelle a data de publicación foi no BOP do mércores 21 de decembro e afecta a case ao 100% do seu persoal. E no caso da Mancomunidade  foi no BOP do martes 20 de decembro e tamén afecta a case o 100% do persoal.

 

A propia lei asume na súa exposición de motivos a existencia nas administracións españolas dun abuso por veces fraudulento da figura do persoal interino e do persoal contratado temporal.


A norma que obriga e vai regular estes procesos de estabilización é a Lei 20/2021 do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade onde fai referencia na súa disposición adicional sexta a : “Convocatoria excepcional de estabilización de empleo temporal de larga duración”, para aquelas prazas ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016. 


O denunciable desta situación é o que a propia lei asume na súa exposición de motivos: a existencia nas administracións españolas dun abuso por veces fraudulento da figura do persoal interino e do persoal contratado temporal.


En resumidas contas o que di a norma, que dito sexa de paso é unha esixencia da Unión Europea, é que as administracións públicas deben convocar con regularidade e incluír eses postos nas súas ofertas de emprego anuais para que todo fillo de veciño se poida presentar en igualdade de condicións e non se convertan en instrumentos de fidelización do voto ou en prebendas a repartir entre familiares e cargos do partido gobernante de quenda como pasa en Cartelle, na Mancomunidade de Celanova e na propia Deputación de Ourense.

 

Manuel Ferro, militante do BNG de Cartelle.

Sobre os inxustos procesos de estabilización de emprego nas administracións públicas