PLENO DA MANCOMUNIDADE (I)

Pérez Valado (BNG) impulsa unha reunión de alcaldes para falar sobre a xestión dos servizos na Mancomunidade

Pleno Mancomunidade 22.12.2020 (3)
Sesión no pleno da Mancomunidade, este martes.
Pérez Valado (BNG) impulsa unha reunión de alcaldes para falar sobre a xestión dos servizos na Mancomunidade

O alcalde de Verea, José Antonio Pérez Valado (BNG), arrancou o compromiso da presidencia de que os alcaldes dos oito concellos da Mancomunidade manterán unha xuntanza, “dentro dun mes ou mes e medio” -asegurou Pérez Cortés-, para debater sobre a xestión e as posibilidades de mellora dos servizos que presta a entidade supramunicipal. 


A ineficacia de moitos dos servizos que se prestan, unida ás dúbidas que ofrece unha selección de persoal baixo sospeita de nepotismo, tamén ten preocupados os rexedores. O alcalde de Verea, o nacionalista Pérez Valado, deu onte no pleno da Mancomunidade voz a esas inquedanzas e esixiu cambios. 


O nacionalista xa reclamou esa medida na xuntanza previa o pleno deste martes. “O 19 de novembro pedín termos unha reunión para reconducir isto e que os alcaldes fagamos parte do deseño e das decisións a respecto dos servizos. Hoxe [por onte] volvo pedir abrir o debate sobre os servizos, empezando polos de Axuda a Domicilio, sentarnos é ver que é mellorábel”, dixo o alcalde de Verea.


Os alcaldes e alcaldesa dos oito concellos da Mancomunidade (salvo Pérez Cortés, na súa dobre función de alcalde de Quintela e presidente da entidade) non participan das decisións do organismo, malia que son os que achegan a maior parte dos cartos para financialo. 

Pérez Valado (BNG) impulsa unha reunión de alcaldes para falar sobre a xestión dos servizos na Mancomunidade