Mancomunidade
Vídeo
Pleno da Mancomunidade. Agosto 2022. Valado. Jorge. Leopoldo (1) (FILEminimizer)

A Mancomunidade dos caladiños (pleno de agosto de 2022)

No pleno da Mancomunidade Terras de Celanova celebrado esta semana, o BNG fixo unha petición á nova presidencia (Jaime Sousa -PP- substitúe desde xaneiro a Pérez Cortés -PP-): "Está na súa man abrir unha nova etapa á fronte desta Mancomunidade e sentar as bases para unha XESTIÓN TRANSPARENTE e EFICIENTE despois de lustros de ESCURANTISMO e NEPOTISMO durante os mandatos de Pérez-Cortés. A Mancomunidade pode ser no futuro unha FERRAMENTA DE COHESIÓN TERRITORIAL E SOCIAL AO SERVIZO DAS VECIÑAS E VECIÑOS, ou continuar sendo o que foi no pasado, un CHIRINGUITO PARA SERVIZO DO CLAN CORTÉS e do PARTIDO POPULAR", dixo o representante nacionalista, Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG en Celanova. "É a súa obriga. Esta institución operou sempre en base aos caprichos caciquís e nepotistas do Clan Cortés. Esta institución funciona MAL, é INEFICAZ, DILAPIDA RECURSOS e incentiva o CLIENTELISMO. Esta institución necesita pasar polo Taller, o Taller democrático, un reseteo democrático. Empece por facer unha AUDITORÍA, unha AUDITORÍA que sinale os defectos, as malas prácticas, que explique onde e por que falla", rematou o BNG. Jaime Sousa non soubo que dicir e non dixo nada. O alcalde de Cartelle ten ese hábito: o silencio. El só ten présa por votar. Semella que ese será o novo método nos plenos: todos caladiños, incluíndo a presunta oposición, que sistematicamente se abstén e non di ni mu. Celanova Decide nunca tivo nada que dicir, e a alcaldesa de Ramirás (PSOE) chega tarde e fai gala da súa mala educación interrompendo o discurso do voceiro nacionalista (como se aprecia no vídeo). Ese é o escenario. E o único que falou, sen saber moi ben que dicir, foi o ex presidente Pérez Cortés, patriarca do Clan Cortés, orfo da habitual defensa do seu fillo, quen agora ten que estar CALADIÑO tamén porque aspira ao trampolín da Alcaldía de Celanova. Así que o patriarca do Cortés simplemente balbuciu un "grazas" diante de quen lembrou a súa longa etapa como CACIQUE NEPOTISTA no goberno da Mancomunidade. Grazas. E calou.
Ler novas
Portadas
Instalacións da Mancomunidade Terra de Celanova. verán 2020 (2)

O BNG impulsa en Ramirás a investigación das irregularidades nos obradoiros Río Arnoia e Ecoterras

O pleno de Ramirás insta á Alcaldía a informar sobre o incumprimento da normativa nas probas de selección do obradoiro Río Arnoia, que organiza o concello xunto aos de Cartelle e A Merca.

Tamén pide á Alcaldía que esixa a convocatoria dun pleno extraordinario na Mancomunidade para tratar o incumprimento da mesma normativa no proceso de selección do obradoiro Ecoterras, que organiza o ente mancomunado.

Ler novas
Portadas
Pleno novembro 2021 Celanova (1)

Celanova acorda exixir un pleno extraordinario na Mancomunidade sobre o proceso de selección no obradoiro

As nacionalistas sacan adiante a exixencia de corrixir a deficiente iluminación pública na Calleabaixo e no Areal; o compromiso de promover un pleno extraordinario na Mancomunidade diante das queixas no proceso de selección do obradoiro de emprego; o acordo para impulsar a participación dos colectivos feministas na Mesa contra a violencia de xénero, e a demanda á Xunta de incrementar os recursos na Atención Primaria da sanidade pública.
Ler novas
Portadas
Mancomunidade Terra de Celanova. Imaxe BNG (2)

Trato de favor na selección para un obradoiro da Mancomunidade de Celanova

Varias aspirantes presentaron reclamacións por irregularidades na puntuación dos méritos.

As candidatas quéixanse do escaso prazo para reunir a documentación requirida, e aseguran que a parte subxectiva do proceso –unha entrevista persoal - decidiu quen entra e quen se queda fóra.

O tribunal estivo composto por persoal da Mancomunidade e persoas elixidas pola propia entidade.

Ler novas
Portadas
Pérez Valado, BNG de Verea, foi moi crítico coa presentación da Conta Xeral onte no pleno da Mancomunidade

O BNG arranca o compromiso da Mancomunidade de facer pública información detallada sobre a execución do gasto

Pérez Valado, alcalde nacionalista de Verea, móstrase moi crítico coa presentación da Conta Xeral e exixe coñecer os números concretos do gasto en cada concello e das subvencións que a Mancomunidade recibe das diferentes Administracións.

A Mancomunidade apoia a iniciativa do BNG para demandar do Goberno unha rebaixa na factura da luz. É a segunda vez nunha semana que os nacionalistas conseguen un acordo plenario despois da aprobación da mesma moción pola corporación da Merca o pasado día 29.

Ler novas
Portadas
Instalacións da Mancomunidade Terra de Celanova. verán 2020 (2)

O BNG vota en contra das contas da Mancomunidade polas irregularidades que advirte a intervención

As nacionalistas preguntan pola incidencia da covid19 entre as traballadoras de atención a domicilio e o presidente responde que non lle constan casos e que as sospeitas “mandámolas para a casa”.

O goberno popular da entidade supramunicipal négase a atender o acordo unánime da corporación de Celanova para que se destinen axudas directas a dependentes con menos recursos. 

Ler novas
Portadas
Instalacións da Mancomunidade Terra de Celanova. verán 2020 (1)

Celanova exixirá á Mancomunidade que ofreza axudas directas ás dependentes

O BNG saca adiante unha iniciativa para que o Concello de Celanova inste o ente supramunicipal a redistribuír o gasto en servizos sociais para que as e os maiores que non teñan ingresos elevados e non dispoñan de outro tipo de axudas públicas non fiquen excluídos do centro de día.

Como medida urxente, as nacionalistas propoñen ademais que se inste á Xunta a dotar a comarca de prazas subvencionadas de centro de día.

Ler novas