O BNG de Celanova denuncia a ousadía do SERGAS e pide test na residencia de Celanova

Leopoldo Rodríguez, concelleiro do BNG en Celanova
Leopoldo Rodríguez, concelleiro do BNG en Celanova.
Leopoldo Rodríguez, concelleiro nacionalista, advirte da gravidade de forzar as reincorporacións de persoal en base a un protocolo que estivo a piques de meter traballadoras contaxiadas de covid19 no centro de maiores.
O BNG de Celanova denuncia a ousadía do SERGAS e pide test na residencia de Celanova

O BNG de Celanova quere que a Xunta de Galiza interveña inmediatamente a Residencia San Carlos de Celanova e que se fagan probas masivas a todo o persoal, familiares do persoal, traballadoras actuais do centro, empezando polos residentes que non foron aínda sometidos a unha segunda proba, despois de que a ousadía do SERGAS ao aplicar un protocolo que lle permitía empurrar a persoal sociosanitario a reincorporarse ao traballo despois de ser declarado positivo e pasar a corentena sen someterse ao test de contraste.


"Pedimos non só que se anulen as reincorporacións de traballadoras e que se realicen tes a todas as traballadoras que estaban en corentena por teren sufrido o contaxio, esiximos ademais que se fagan os test a todos os residentes da San Carlos que até hoxe só foron sometidos a unha proba, e que se fagan as probas a todas as traballadoras que actualmente atenden o centro, tanto ás novas como ás veteranas", explica Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG Celanova, que o domingo xa tiña denunciado a intención do SERGAS de empuxar a traballadoras a reincorporarse sen someterse ao test de contraste, mentres trasladaba anciáns desde Baños de Molgas "antes de ter seguro cantas traballadoras poderían reincorporarse".


Unha das traballadoras da Residencia San Carlos de Celanova que debía reincorporarse este luns deu positivo no segundo test, porque o SERGAS non a identificara como persoal da San Carlos por pertencer á  subcontrata da cociña. Esta circunstancia fixo que o SERGAS non lle anulase o segundo test, aducindo a un cambio nos protocolos.


O test foi eliminado no casos das outras 17 traballadoras que estaban de baixa por covid19 desde o 22 de marzo. 


"Aínda houbo sorte. Estamos a tempo. Esperemos que este erro serva non só para revisar o protocolo, pola enorme transcendencia que ten para todo o persoal sociosanitario que está na primeira liña de combate contra o covid19, senón que serva tamén para que se interveña a San Carlos de vez", resume Leopoldo Rodríguez, 


Que pasa co resto da poboación de Celanova?

Rodríguez lembra tamén que o impacto do brote de covid19 en Celanova aínda está por determinar, e que o BNG leva insistindo semanas en que é preciso coñecer á situación do resto da veciñanza realizando test e informando dos resultados. O BNG vén reclamando do goberno municipal unha acción decidida neste sentido sen obter resposta até hoxe.

O BNG de Celanova denuncia a ousadía do SERGAS e pide test na residencia de Celanova