MUNICIPAIS 28M

Presentación conxunta da candidatas do BNG ás alcaldías da Bola e da Merca

presentación
Vanessa García (A Bola) e Teresa Grande (A Merca) son concelleiras e repiten como cabezas de lista.
Presentación conxunta da candidatas do BNG ás alcaldías da Bola e da Merca

O BNG realizará un acto de presentación conxunta das cabezas de lista nacionalista nos concellos da Bola e da Merca, Vanessa García e Teresa Grande, respectivamente.

O acto terá lugar na Casa da Cultura da Merca o sábado 18 de febreiro ás 17:30 horas, e ambas candidatas estarán acompañadas polos seus compañeiros no primeiro tramo de cada unha das listas.

Ademais, intervendrán a responsábel comarcal, Ernesta Seoane, e o deputado por Ourense no Parlamento galego, Iago Tabarés.

Durante o actual mandato, Vanessa García é a portavoz do BNG na Bola, onde a organización conta con dúas representantes na corporación municipal, mentres Teresa Grande é a portavoz e única concelleira do BNG na Merca.

Presentación conxunta da candidatas do BNG ás alcaldías da Bola e da Merca