Teresa Barge, alcaldesa da Bola, oculta os informes de Intervención e Secretaria dunha contratación

Vanessa García. Nota A BOLA 29.03.23
Vanessa García, concelleira e portavoz do BNG na Bola.
Vanessa García, concelleira do BNG, esixe transparencia do goberno local do PP despois de que se lle teña NEGADO en dúas ocasións o acceso a unha información relevante para exercer o labor de control dos órganos de goberno que lle corresponde á oposición.
Teresa Barge, alcaldesa da Bola, oculta os informes de Intervención e Secretaria dunha contratación

Teresa Barge, alcaldesa da Bola do Partido Popular, oculta os informes de Intervención e de Secretaría a respecto dunha contratación municipal.


Na tramitación dun contrato municipal dun axente TIC, as nacionalista aprecian posíbeis contradicións coa nova reforma laboral dadas as condicións de precariedade e temporalidade do contrato.


Así, Vanessa García, concelleira e portavoz do BNG na Bola, solicitou por escrito os informes de Intervención e Secretaria do Concello da Bola a respecto da convocatoria para “a contratación de persoal laboral temporal, baixo a modalidade de obra ou servizo determinado dun axente TIC”, publicada no Boletín Oficial da Provincia do luns 27 de febreiro de 2023.


O BNG fixo a solicitude ao día seguinte da publicación no BOP, e desde a Alcaldía responderon o 6 de marzo NEGANDO o acceso á información solicitada co único argumento de que: “non sabemos a motivación concreta e circunstanciada do que se solicita”.


O BNG, en exercicio do labor de control e fiscalización dos órganos de gobernos, volveu solicitar a semana pasada o acceso a eses informes de Intervención e Secretaría subliñando que na resolución da Alcaldía para a contratación podería haber irregularidades contrarias á normativa.


A resposta volveu ser unha NEGATIVA.


Non é a primeira vez que Teresa Barge intenta obstaculizar o labor de control por parte do grupo da oposición. Nalgunha ocasión, mesmo chegou a esixir ao BNG o pagamento dunha taxa para recibir fotocopiado un expediente municipal.

Vanessa García, portavoz nacionalista no Concello da Bola, vén denunciando estas prácticas de obstrución en casos como o do falso policía contratado pola alcaldesa ou os atrasos no cumprimento dunha orde de derrubo dunha construción ilegal. Mais Barge incumpre sistematicamente as obrigas de atender as peticións de información e transparencia.


A alcaldesa da Bola pretende xestionar os asuntos públicos con opacidade e sen debate público ningún, como se non houbese oposición. Mais haina. Ela saberá o que quere agochar. O BNG vai seguir traballando até o final para abrir as fiestras e que corra o aire, que todos os veciños podan saber do que acontece no concello e haxa igualdade de oportunidades e transparencia na xestión.

 

Resposta da Alcaldía da Bola ao primeiro escrito de solicitude. Con data do 6 de marzo de 2023.
Resposta da Alcaldía da Bola ao primeiro escrito de solicitude. Con data do 6 de marzo de 2023.
Teresa Barge, alcaldesa da Bola, oculta os informes de Intervención e Secretaria dunha contratación