O BNG celebra o seu 40 aniversario este sábado en Celanova

Manuel Anxo F. Baz, autor do libro
Manuel Anxo F. Baz, autor do libro.

Manuel Anxo Fernández Baz presentará o libro ‘40 anos ao servizo de Galicia’ xunto á deputada María González Albert.

Intervirán dous históricos do nacionalismo na comarca: Sindo Rodríguez e Pepe de Cartelle.

O BNG celebra o seu 40 aniversario este sábado en Celanova

O BNG celebra este sábado, 17 de decembro, o seu 40 aniversario nas comarcas Celanova e Baixa Limia cun acto no Refectorio (salón de actos do claustro barroco do Mosteiro de Celanova) no que se presentará o libro 40 anos ao servizo de Galiza de Manuel Anxo Fernández Baz, editado pola Fundación Galiza Sempre. No acto intervirán o autor e a deputada nacionalista por Ourense, María González Albert, así como dous históricos do Bloque nestas comarcas: Sindo Rodríguez, de Celanova, e José Rodríguez Cid, Pepe de Cartelle.


O 25 e 26 de setembro de 2022 cumpríronse 40 anos da asemblea constitucional do Bloque Nacionalista Galego no frontón de Riazor. Para conmemorar a data, a Fundación Galiza Sempre sumouse á campaña de aniversario do BNG editando o libro 40 anos ao servizo da Galiza. BNG, 1982-2022. Trátase dunha obra da autoría do politólogo Manuel Anxo Fernández Baz, na que recolle ano por ano os principais acontecementos que tiveron lugar no país e as accións do BNG. O libro conta con máis de 400 imaxes, moitas delas inéditas, o que converte a obra nun documento político, histórico e gráfico de gran valor.


40 aniversario do BNG
Día: 17 de decembro de 2022
Hora: 18.00 horas
Lugar: Refectorio do Mosteiro de Celanova.

O BNG celebra o seu 40 aniversario este sábado en Celanova