O BNG denuncia que traballadoras poden ser empuxadas a reincorporarse á San Carlos sen pasar o segundo test porque o SERGAS mudou os protocolos

Aresidencia10a
O BNG denuncia que traballadoras poden ser empuxadas a reincorporarse á San Carlos sen pasar o segundo test porque o SERGAS mudou os protocolos

O BNG de Celanova denuncia a situación das 18 traballadoras da Residencia San Carlos que estaban de baixa desde o domingo 22 de marzo despois de que os test confirmasen que estaban contaxiadas de covid19, e as que agora se lles nega a segunda proba aducindo o SERGAS un cambio no protocolo que permite que o persoal sociosantitario que non presente síntomas poida reincorporarse ao traballo sen ter que pasar polo test de contraste. O SERGAS non informou as traballadoras nin aos médicos de cabeceira que as probas quedaron anuladas. 

 

Foron as traballadoras as que se puxeron en contacto coa Área Sanitaria de Ourense para confirmar esta información. Agora, a decisión queda en mans dos médicos de cabeceira de cada una delas, que empezarán mañá luns a pasar consulta. Os médicos deben decidir se prorrogar a baixa ou dar a alta sen segundo test que determine se superaron ou non a enfermidade.

 

Unha nova circunstancia vén incrementar a presión sobre o persoal. Este domingo ao mediodía, o centro de Baños de Molgas informou ás familias de que se decidira o traslado a Celanova dun grupo de residentes en Baños de Molgas que deron negativo no segundo test. O traslado podería levarse a cabo esta mesma tarde, o que condicionará as decisións de moitas das traballadoras de baixa, que coñecen a situación de sobrecarga que padecen as súas compañeiras, sobre a súa reincorporación ao traballo de maneira inmediata, malia non ter pasado o segundo test.

 

Ademais da preocupación pola súa propia saúde, as traballadoras lembran que poden verse na obriga de regresar a un centro no que conviven residentes que deron positivo con casos negativos, e que a día de hoxe, ningún dos dous grupos foron sometidos á segunda proba para determinar o seu estado.

O BNG denuncia que traballadoras poden ser empuxadas a reincorporarse á San Carlos sen pasar o segundo test porque o SERGAS mudou os protocolos